|
2011-03-22
DEIXARSE A PEL.
Todos damos por feito frases coma: "o que algo quere algo custalle", ou que "hai que dar o mellor de sí polo que buscas".
O que máis nos debería importar e sermos un mesmo, verdade?
Pois a Coresma é unha invitación a descobrirse, a quitarse capas, cáscaras e facer sair o mellor de sí, depurando o peor de cada un.
Ser un mesmo merece o risco de "deixarse a pel". A coresma esixe cambio e os cambios non nos gustan.
Pero é a única maneira de ir ó centro de ti mesmo, á raíz de todo e descobrir que es amado dende o máis íntimo de ti.
Unha vez que chegues a descobrir isto, non te quedará máis que ser ti mesmo e dar MOITO FROITO.
Autor: PARROQUIA
|