|
2011-04-13
CPR PLURILINGÜE SALESIANO “SAN JUAN BOSCO”
Dende o noso Centro comezouse a apostar polo inicio paulatino da aprendizaxe da lingua inglesa en idades temperás no curso 2005/2006 co “Proxecto de Anticipación de lingua estranxeira no segundo ciclo de Educación Infantil”. Asimesmo, nesta mesma etapa, participouse no Proxecto Comenius “Reggio Emilia” con diferentes Centros de Galicia, Irlanda e Suecia, profundizando nunha nova metodoloxía de traballo baseada na filosofía educativa de Loris Malaguzzi, e en como esta nova metodoloxía repercute na práctica educativa.
Dende unha perspectiva de inmersión lingüística, apostamos pola creación de seccións bilingües na área de Plástica, nos cursos 1ºA, 1º B, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB de Educación Primaria no curso escolar 2008/2009 e ampliamos progresivamente a 4ºA, 4ºB de Educación Primaria no curso escolar 2009/2010 e 5ºA, 5ºB de Educación Primaria no curso escolar 2010/2011.
Neste mesmo curso escolar 2010/2011 estamos inmersos na rede de Centros Plurilingües en 1º de Educación Primaria, que seguiremos a extender nos vindeiros anos.
Mediante a participación na rede de Centros Plurilingües pretendemos:
- Potenciar a diversificación lingüística e cultural presente no contexto europeo.
- Potenciar a movilidade profesional dos nosos alumnos no futuro.
- Potenciar a cooperación entre estados/países.
- Potenciar a participación nos programas educativos europeos.
- Potenciar a intensificación dos intercambios escolares.
- Potenciar o uso da lingua inglesa, véndoa como un medio de comunicación e non como a fin da súa aprendizaxe.
- Amosar unha actitude positiva cara á lingua inglesa e á súa cultura.
- Mellorar as destrezas comunicativas (fala e escoita activa) na lingua inglesa.
- Participar activamente nas actividades da aula.
- Comprender mensaxes orais, normas, instruccións e preguntas en inglés.
Autor: E.D.
 1-informacion-publica-de-centro-pluriling-e.doc
|