Documentación necesaria para a solicitude

- Solicitude, segundo o modelo oficial (Anexo II da Orde do 25/01/2017- DOG do 01/02/2017).

- DNI do alumno ou libro de familia (folla onde figura o alumno).

- Certificado matriculación (para cursos intermedios).

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (si é o caso).

A solicitude deberá estar firmada por un dos pais ou titores legais, salvo en caso de separación ou divorcio que deberá estar firmada por ambos pais. No caso de que a patria potestad estea atribuída a un só en exclusiva ou no caso de violencia de xénero, é este o que deberá firmar a solicitude, presentando copia da resolución xudicial xunto coa solicitude.

 

- Outros documentos a presentar no caso de que exista máis demanda que oferta de postos escolares (Orde de 12/03/2013).

  • Acreditación de irmáns matriculados no centro (art. 20 )

- Fotocopia completa do libro ou libros de familia.

- Fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial dá Consellería de Traballo e Benestar (no caso de menores en situación de acollemento).

  • Acreditación de pais ou titores que traballen no centro educativo (art. 21 )

- Documento acreditativo expedido polo propio centro educativo.

  • Acreditación do domicilio familiar no área de influencia do centro ou no área limítrofe (art. 22)

- Certificado do Padrón municipal expedido no ano actual (antigüidade no padrón mínima dun ano).

- Se non coincidise o domicilio familiar co fiscal, deberá presentar a seguinte documentación complementaria:

- Copia autenticada do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar.

- Contrato de alta de recibos actualizados de subministro (auga, luz, gas) a nome da persoa solicitante na vivenda declarada como domicilio familiar.

  • Acreditación do lugar de traballo dos pais ou titores legais no área de influencia do centro ou no área limítrofe (art. 22 )

- Documento expedido para o efecto polo patrón xunto cunha copia de contrato de traballo (para traballadores por conta allea).

- Alta censual inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as modificacións posteriores e as altas na Tesourería Xeral no Réxime da Seguridade Social (para traballadores por conta propia).

- Certificado da Xefatura de Persoal correspondente (para persoal ao servizo das administracións públicas).

  • Acreditación do domicilio fiscal e da renda anual da unidade familiar (art. 23)

- Autorización dos pais ou titores legais para a comprobación, por parte da Administración Educativa, do domicilio fiscal e da renda da unidade familiar, asinada coa solicitude de admisión.

  • Acreditación da condición de familia numerosa (art. 24) (recoñecida pola Xunta)

- Fotocopia compulsada do título oficial de familia numerosa en vigor ou do carné familiar galego ou da copia da solicitude de recoñecemento ou renovación, cando se denegue expresamente a consulta automatica.

  • Acreditación da condición de familia monoparental (art. 25)

- Fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.

  • Acreditación da condición de discapacidade (art. 26) (recoñecida pola Xunta)

- Certificado do ditame sobre discapacidade igual ou superior ao 33% no alumno, pai, nai, titor legal ou irmáns, emitido polo órgano competente da administración pública, cando se denegue expresamente a consulta automatica.

  • Criterio complementario a xuízo do centro. (art. 28)

- Certificado de haber estado matriculado (pai, nai) ou estalo (o alumno) nun centro salesiano.