Información de ESO/BTO

O noso Centro Educativo acolle os catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria, todos eles concertados.

Tamén oferta os dous cursos de Bacharelato nas modalidades Científico-Técnica e de Ciencias Sociais. Educación Secundaria  Postobligatoria (1º e 2º). Non están concertados.

Horario da etapa:

De Luns a Venres Mércores (salvo Setembro e Xuño)
De 8:30 a 14:05 De 15:45 a 17:25

A nosa proposta educativa ten como finalidade:

  • Conseguir que os adolescentes adquiran boas técnicas de estudo, se responsabilicen dos seus actos e decisións, tomen posturas sas ante a vida, usen o seu tempo libre adecuadamente.
  • Utilizar metodoloxías que favorezan aplicar o aprendido, dar resposta a situacións e problemas reais e desenvolver o pensamento estratéxico.
  • Fomentar o espírito crítico e a responsabilidade individual e grupal.
  • Acompañar a cada alumno individualmente no proceso de descubrimento da súa vocación-profesión.
  • Ofrecer unha formación de calidade que lles sirva para poder afrontar con éxito os seus estudos superiores.

Equipo docente:

O equipo docente formado polos titores, profesores e especialistas traballa conxuntamente con xefatura de estudos e departamento de orientación para dar a mellor das respostas ás necesidades que os nosos alumnos necesiten.

Desde o equipo docente estamos atentos aos retos, abertos aos cambios, promovemos a innovación e a actualización continua.

Interrelación escola-familia:

Convidamos ás familias a participar, dentro das posibilidades de cada un, na vida ordinaria do centro... tendo en conta o que nos poden ofrecer.

Favorecemos canles de comunicación coas familias para facilitar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos.

Organización de espazos e tempos:

As nosas instalacións son, xunto cos recursos humanos, unha das nosas maiores fortalezas para poder ofertar unha educación de calidade.

Cada aula está dotada de computador e lousa dixital, conectados á rede, para unha maior inmersión nas Tics .

Dispoñemos das seguintes aulas de uso común: audiovisuais, aula de informática, aula de debuxo, aula de música, taller de tecnoloxía, tres laboratorios (física, química e bioloxía), polideportivo, ximnasio, teatro, centro de tempo libre e unha excelente biblioteca.