Proposta Educativa

Principios e criterios da acción educativa salesiana:

A Escola Salesiana basea a súa proposta educativa nas seguintes propostas e criterios:

  • É unha escola popular, libre e aberta a todas as clases sociais.
  • Coloca ao alumno no centro do feito educativo .
  • “Educa evanxelizando e evanxeliza educando”.
  • Preséntase como familia educadora.
  • Pon de relevo a personalización das relacións educativas.
  • Quere responder ás necesidades da zona.
  • Promove a solidariedade cos necesitados.
  • Fai realidade a participación corresponsable.
  • Acóllese ao financiamento público para facilitar a gratuidade.

O proceso educativo na escola salesiana:

Consideramos a escola como lugar privilexiado para a educación integral da persoa en todas as súas dimensións de acordo cunha visión humana e cristiá da vida. En consecuencia, axudamos ós nosos alumnos e alumnas a:

  • Descubrir e potenciar as súas capacidades:
    • Físicas (motricidade, habilidades sensoriais, expresión corporal, cultura física e deportiva).
    • Afectivas (autoestima, relacións interpersoais, madurez afectiva).
    • Intelectuais (memorización, análise, síntese, relación, sensibilidade estética, creatividade, ...).
  • Desenvolver a súa dimensión socio-política (familia, lectura, e comprensión da realidade social, sociedade intercultural, sensibilidade social, sentido do
    traballo, cooperación, traballo, traballo en equipo, solidariedade, actitude de servizo...)
  • Desenvolver o seu sentido ético e transcendente mediante o cultivo de actitudes, e a adquisición de valores desde o coñecemento e a vivencia da
    mensaxe de Xesucristo.
  • Descubrir o propio proxecto de vida, mediante un ambiente educativo axeitado no que cada alumno e alumna atopen elementos que lles axuden a
    definir o seu estado de vida, o traballo ou profesión, a opción sociopolítica e a súa opción relixiosa.

O estilo da escola salesiana:

A Escola Salesiana desenvolve a súa labor educativa co espírito e o método de Don Bosco caracterizado por:

  • O criterio preventivo.
  • O ambiente educativo.
  • A relación educativa persoal.
  • A “ presenza- asistencia” animadora dos educadores.
  • A oferta respectuosa dunha experiencia de fe.
  • As propostas de compromiso cristián.

Don Bosco, co seu Sistema Preventivo, realiza unha achega orixinal á acción educativa; “este sistema baséase plenamente na razón, na relixión e no amor”.

  • Desde a razón: valoramos a persoa, a vida, as realidades terreais e o esforzo humano desde unha actitude positiva.
  • Desde a relixión: actuamos con respecto, favorecemos o encontro con Deus, acollemos o ben e a verdade que latexa en cada un...
  • Desde o amor: acollemos incondicionalmente a todos, facemos propostas educativas, traducimos o amor en signos visibles, nun ambiente de ledicia.

A comunidade educativo-pastoral:

Comprometémonos na construción e maduración da Comunidade Educativopastoral:

  • Comunidade, porque implica, en clima de familia, ao alumnado, ás familias e aos educadores.
  • Educativa, porque axuda a madurar a cada un dos seus membros.
  • Pastoral, porque acompaña cara o encontro con Cristo.

O profesorado na comunidade educativa:

O traballo dos profesores e profesoras desenvólvese na Comunidade Educativo-Pastoral. A súa palabra, testemuño, alento, axuda, consello, corrección amigable e experiencia son claves no desenvolvemento do proceso educativo. Entre os trazos máis significativos do profesorado da nosa escola destacamos:

  • A profesionalidade.
  • A coherencia persoal.
  • A actitude educativa e a sensibilidade pola condición xuvenil.
  • Unha forte simpatía cara a San Xoán Bosco.
  • A capacidade de educar desde o positivo.
  • A apertura á transcendencia.

Os profesores e profesoras da nosa escola:

  • Son ante todo educadores.
  • Establecen unha relación franca e de colaboración cos compañeiros e compañeiras.
  • Están no medio dos mozos cunha presenza activa e amigable.
  • Desempeñan un papel decisivo na aplicación e avaliación do proxecto educativo.
  • Corresponsabilízanse activamente na xestión do centro.

Para máis información podes consultar a nosa Síntese do carácter propio. Tamén deixamos o díptico da nosa proposta educativa.