Salesianos San Xoán Bosco A Coruña

A Cidade:

A Coruña, situada no noroeste da península ibérica, capital da provincia do seu nome é unha bela cidade marítima do antigo Reino de Galicia, que conta na actualidade cunha poboación en torno aos 250.000 habitantes.

A historia da Coruña é a do seu famoso faro e a do seu porto, soado na navegación antiga. Ptolomeo chamouna “Flavium Brigantium”, no século II. Dion Casio, historiador e senador romano, nomeouna Brigantia no século III, ao falar da chegada ao seu porto das naves de Xulio César. E co nome latino de “Crunia” aparece por primeira vez no famoso “Códice Calixtino”, cara a 1140.

A “Cidade na que ninguén é forastero” acolleu para sempre aos SALESIANOS en 1916. Naquel momento a cidade alcanzaba os 59.000 habitantes.

A ubicación das obras:

O primeiro solar para o Colexio Salesiano situouse na paraxe de Nelle, preto da fábrica de mistos, hoxe Ronda de Nelle.

As Escolas Populares Gratuítas, asumidas polos Salesianos entre 1916 e 1922, estaban e están na actualidade situadas na Cidade Vella na rúa Herrerías, preto da igrexa de Santa María e do Convento das Clarisas na Praza de Santa Bárbara.

O actual colexio salesiano está situado no que era a antiga Fábrica de Cristais, entre a enseada do Orzán e as xa desaparecidos Fábrica de Gas, cuartel de Artillería e Residencia de Anciáns. Na actualidade no rueiro toman o nome de Rúa Hospital, Avenida Barrié da Maza e Rúa Don Bosco.

 

 

Por que viñeron os Salesianos á Coruña:

No ano 1886 vivía na Coruña unha boa señora, Doña Ramona Matos, viúva de Fernández Miranda. A fama de santidade de Don Bosco impulsouna a visitalo en Turín. Don Bosco non só lle concedeu unha audiencia privada senón que a honrou invitándoa a almorzar na súa compañía, como facía cos que lle visitaban. Ante a petición de que os salesianos fundasen unha obra na cidade, Don Bosco diríxelle estas palabras:  “Se de verdade quere que os salesianos vaian a Coruña, leve primeiro a María Auxiliadora”..

Doña Ramona seguiu a recomendación de Don Bosco e trouxo consigo unha imaxe de María Auxiliadora. Xa en Coruña Doña Ramona organizou a Pía Unión de Cooperadores Salesianos cuxas reunións estaban presididas sempre por unha estatua de María Auxiliadora, a quen pedían insistentemente a presenza dos salesianos na cidade.

Un escolleito grupo de señores da cidade, presididos polo coronel de artillería Don Camilo Rodríguez-Losada Ozores fundou as Escolas Populares Gratuítas na rúa Herrerías “para moralizar e elevar o nivel intelectual dos barrios da Cidade Vella, notablemente descoidada”. Unha vez Don Camilo coñeceu os fins da Obra Salesiana, preocupouse porque a asumisen os salesianos. Aínda que falece antes de ver cumprido o seu soño, é visitado antes de morrer por Don Felipe Rinaldi, inspector daquela dos salesianos de España, quen lle promete cumprir o seu desexo.

Á morte de Don Camilo, Doña Ramona continúa coa promoción da obra de Don Bosco. Grazas ao seu empeño, Don Jaime Ozores de Prado, segundo sucesor de Don Camilo na presidencia das Escolas Populares pide formalmente ao Rector Maior a presenza dos salesianos na cidade. Corría o ano 1907. Nove anos despois, o trece de xuño de 1916, Don Pablo Albera, Rector Maior dos salesianos, asina o contrato de compromiso coas Escolas Populares. Os salesianos, por fin, estarán presentes na Coruña.