Información de Primaria

O noso Centro Educativo acolle na etapa de primaria a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. É unha etapa concertada que consta de 12 aulas distribuídas en 6 cursos con dúas liñas.

Horario da etapa:

  Septembro e Xuño

 De Outubro a Maio

Mañás De 9:00 a 14:00 De 9:30 a 13:00
Tardes - De 15:30 a 17:30

A nosa proposta educativa ten como finalidade:

  • Que os alumnos vivan experiencias e estean activos.
  • Favorecer que sexan autónomos.
  • Que interactúen entre si.
  • Utilizar metodoloxías que favorezan aplicar o aprendido, dar resposta a situacións e problemas reais e desenvolver o pensamento estratéxico.

Equipo docente:

O equipo docente formado polos titores, mestres e especialistas traballan conxuntamente con xefatura de estudos e departamento de orientación para dar a mellor das respostas as necesidades que os nosos alumnos precisen.

Desde o equipo docente estamos atentos aos retos, abertos aos cambios, promovemos a innovación e a actualización continua.

Interrelación escola-familia:

Invitamos as familias a participar, dentro das posibilidades de cada un, na vida ordinaria do centro, tendo en conta o que nos poden ofrecer.

Favorecemos canles de comunicación coas familias para facilitar o seguimento de procedemento de ensino-aprendizaxe dos seus fillos.

Organización de espazos e tempos:

As nosas instalacións son, xunto cos recursos humanos, unha das nosas maiores fortalezas para poder ofertar unha educación de calidade.

Cada aula está dotada de ordenador e pizarra dixital, conectados a rede, para unha maior inmersión nas TICs .

Dispoñemos tamén de aulas de pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, audiovisuais, música, arts and crafts, pavillón deportivo, teatro con recursos que permiten levar a cabo todas aquelas actividades que non se desenvolven nas aulas ordinarias.