Información de Infantil

O noso Centro Educativo acolle o 2º ciclo de Educación Infantil. É unha etapa concertada que consta de 6 aulas distribuídas en 3 cursos con  dúas liñas de 3, 4 e 5 anos.

Horario da etapa:

  Septiembro e Xuño

De Outubro a Maio

Mañás 9:00  a 14:00 9:30 a 12:50
Tardes - 15:30 a 17:2

A nosa proposta educativa ten como finalidade:

  • Atender as características individuais dos nosos alumnos e alumnas, respectando o ritmo de desenvolvemento propio de cada un.
  • Acadar progresivamente unha autonomía no desenvolvemento de actividades cotiás .
  • Fomentar a iniciativa e a creatividade.
  • Organizamos a aula en recunchos de traballo diversos favorecendo a autorregulación e xestión do tempo polos propios nenos
  • Traballo da lectoescritura dende unha perspectiva constructivista, respectando as etapas de madurez de cada neno e nena.

Compromiso coa innovación educativa:

Optar polo  traballo por proxectos como unha metodoloxía que favorece o desenvolvemento das capacidades e habilidades que buscamos nos nosos alumnos: 

  • Xorden de centros de interese do propio alumnado.
  • Traballamos o método científico: qué sabemos, qué queremos saber, qué imos facer para dar solución a todas as nosas preguntas e chegar ó resultado final.
  • Desde o traballo das intelixencias múltiples tratamos de conseguir que todos os nosos alumnos sexan competentes.
  • Formación integral dos alumnos dacordo a unha concepción cristiana. Educación en valores.
  • Activa participación das familias no día a día.
  • Invitación a participar, dentro das posibilidades de cada un, na vida da escola dentro do horario escolar: na aula, nas distintas actividades, nos recunchos, nas saídas…

Equipo docente:

Contamos cunha titora- mestra por aula ademais dunha especialista en lingua estranxeira (inglés) , que traballan conxuntamente co equipo de orientación e xefatura de estudos.

Organización de espazos:

As nosas instalacións son, xunto cos recursos humanos, unha das nosas maiores fortalezas para poder ofertar unha educación de calidade.

Cada aula conta con ordenador e pizarra dixital conectados a rede, para unha maior inmersión nas TICs.

Ademais contamos cun patio cuberto onde os nenos e nenas poden xogar os días que o tempo non permite baixar ao patio exterior.

Dispoñemos tamén de aula de psicomotricidade, aula de sono, aula de arte con recursos que permiten levar a cabo todas aquelas actividades que non se desenvolven nas aulas ordinarias.