Programa PAIS

No noso interese por seguir mellorando e dando calidade á nosa oferta educativa no centro e, dado que o colexio aposta por programas de aprendizaxe enfocados ao plurilingüismo, gustaríanos presentarvos un novidoso e dinámico proxecto dirixido aos alumnos:

Trátase dun Programa Avanzado para a Aprendizaxe de Idiomas (PAIS) que ten como obxectivo favorecer a comunicación eficaz en inglés (entre outras linguas) ademais da obtención de certificados oficiais, non só da Escola Oficial de Idiomas na modalidade de alumno libre, senón da man de institucións tan prestixiosas como a Universidade de Cambridge ou o Trinity College de Londres. Sendo o noso centro Salesianos da Coruña, Centro examinador de Cambridge e centro autorizado de Trinity.

Os grupos son reducidos, máximo de 8 ou 9 alumnos, agrupados por niveis. Ao comezo de curso realízaselles unha proba de nivel. Se o alumno cambiase de nivel ao longo do curso, poderíaselle cambiar de grupo.

Se tedes algunha dúbida podedes contactar con Mercedes Señarís Prieto (coordinadora nas etapas de Educación Infantil e Primaria) e Eva Díaz Rodríguez (coordinadora nas etapas de Educación Secundaria e Bacharelato).

Aquí tedes o enlace ó blog con todas as actividades que estamos realizando. Non deixedes de consultalo!! A contrasinal é salesianoscoruna2017.

Para unha información máis detallada sobre este programa consulta a nosa presentación.

Os horarios e tarefas propostos son:

E. Infantil (45€/mes)

(17:25 a 18:25)
Martes e xoves

E. Primaria (45€/mes)

(17:35 a 18:35)

Luns e mércores ou

Martes e xoves

ESO y BTO (50€/mes)

(Luns, martes e xoves)

De 15:30 a 16:30 ou

De 16:30 a 17:30

Centro Examinador TRINITY e Centro Preparador Rexistrado de Cambridge:

O CPR Plurilingüe Salesiano San Xoán Bosco conta coa habilitación de Centro Examinador TRINITY, nº 53787,  e de Centro Preparador Rexistrado de Cambridge, co obxectivo de ofrecer ós nosos alumnos a oportunidade de presentarse ós exames oficiais destas dúas universidades, voluntariamente, no propio centro. Este recoñecemento á formación en inglés outórganos a capacidade de preparar ós nosos alumnos para a obtención dun dos exames internacionalmente máis prestixiosos e que permite acreditar o seu nivel de coñecemento na lingua extranxeira, xa que están recoñecidos tanto no Reino Unido como no resto do mundo e son aconsellados polo British Council e os Ministerios de Cultura de varios países para avaliar e certificar a habilidade de comunicación na lingua inglesa.