Departamento de Pastoral

A nosa escola quere ser unha "escola pastoral". Isto significa que toda a nosa acción educativa quere ser pastoral porque educa en valores cristiáns apostando por un modo de educar que cre nas persoas, no seu desenvolvemento integral, segundo o estilo de Xesús de Nazaret e a proposta educativa de Don Bosco.

Temos clara a opción por unha escola global, onde educación e evanxelización van da man. Estamos convencidos de que promovendo unha educación de calidade estamos sendo fieis á tarefa de evanxelizar á sociedade e que o modo mellor de presentar os valores do Evanxeo é a educación.

A nosa acción evanxelizadora e pastoral tradúcese na creación dun ambiente rico en valores e propostas para crecer como persoas. Isto concrétase en accións diversas ao longo do curso, encamiñadas a facer máis explícita nosa proposta: campañas, celebracións cristiás, xornadas significativas, convivencias, itinerarios celebrativos, oferta de grupos do itinerario de educación na fe, etc.

O colexio conta cun Coordinador de Pastoral e un equipo formado por varios profesores e profesoras de todas as etapas. Son os responsables máis directos da animación, coordinación e execución de todo o referente á acción evanxelizadora e pastoral do Centro. Todas as actividades e propostas, así como as persoas responsables, están recollidas no Plan de Pastoral que realizamos cada curso.

Forman parte do Equipo de Pastoral:

  • El coordinador de Pastoral: Xabier Carrajo.
  • A orientadora: Pilar Sanjurjo.
  • Profesora de Educación Infantil: Mª José Fernández.
  • Profesora de Educación Primaria: María Suárez.
  • Profesor de Secundaria e Bacharelato: Carlos Paz.
  • Profesor de Secundaria e Bacharelato: Jose Luis Gallego.
  • Titora: Reyes González.
  • A coordinadora do centro xuvenil Abeiro: Isabel Balsa.