Sistema de Xestión de Calidade

No Colexio Salesiano “San Xoán Bosco” traballamos dende un Sistema de Xestión da Calidade que está certificado por APPLUS segundo a Norma ISO 9001:2008.

A nosa historia comezou no curso 2003/2004, e desde entón fomos unificando criterios e pautas de actuación cos nosos Centros Salesianos da Inspectoría “Santiago o Maior” e coordinándonos con todos os Centros Salesianos e Salesianas de España.

A nosa meta é impulsar a través de plans plurianuais de mellora a implementación e enriquecemento do noso Proxecto Educativo Pastoral. Para iso, cada curso, traballamos cun sistema de mellora continua, que ten como referencia os resultados do proceso de Ensino-Aprendizaxe, a análise de incidencias e os resultados das enquisas de satisfacción ás familias, alumnado, profesorado e Persoal de Administración e Servizos.

Todos os anos realizamos dúas auditorías, unha interna por “Calyma Calidade” e outra externa realizada por APPLUS, Organismo Acreditado por ENAC.

O protagonista do noso sistema de xestión de calidade é o ALUMNO/A e a súa educación integral.

O equipo de calidade do colexio, formado pola coordinadora e un representante de cada etapa, realiza o seguimento ordinario do Sistema de Xestión de Calidade no centro que é avaliado e aprobado polo equipo directivo.

A nosa política de calidade.