Plurilingüismo

No centro Salesianos San Xoán Bosco temos moito interese por impulsar as linguas estranxeiras. Dende esta perspectiva, estamos a levar a cabo as seguintes iniciativas:

  • Inglés en Educación infantil.
  • Formamos parte da rede de Centros Plurilingües en Educación Primaria, tendo plástica en inglés de 1º a 6º EP.
  • Seccións bilingües en Educación Secundaria, na materia de EPV en inglés.
  • Auxiliares de conversa nas etapas de Primaria, Secundaria e Bacharelato.
  • Viaxes ao Reino Unido en 6º EP e 1º ESO (aloxamento en residencia) e 3º-4º ESO (aloxamento en familias).
  • Vamos ao teatro todos os anos a ver unha obra en inglés, todas as etapas, adaptada á idade e nivel dos nosos alumnos. Tamén en francés na etapa de secundaria.
  • Actividades en inglés durante algúns recreos.
  • Somos centro examinador dos exames oficiais de Cambridge e centro autorizado de Trinity. Todos os alumnos que o desexen poden presentarse a estes exames no noso centro.
  • Oferta de clases de inglés no Programa Avanzado de Idiomas Salesiano (PAIS), con profesorado nativo e filólogo, en grupos reducidos (máximo de 8 ou 9). O obxectivo deste programa é  aprender e expoñerse á lingua para certificarse cos exames de Cambridge e Trinity segundo os niveis do marco común europeo de Linguas.

Evolución no noso centro das seccións bilingües e o plurilingüismo:

Desde o noso Centro comezouse a apostar polo inicio paulatino da aprendizaxe da lingua inglesa en idades temperás no curso 2005/2006 co “Proxecto de Anticipación de lingua estranxeira no segundo ciclo de Educación Infantil”.

Desde unha perspectiva de inmersión lingüística, apostamos pola creación de seccións bilingües na área de Plástica:

  • 2008/2009: nos cursos 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • 2009/2010: 4º EP.
  • 2010/2011: 5º EP.
  • 2011/2012: 6º EP.

Respecto á área de E.P.V.A:

  • 2011/2012: 3º E.S.O.
  • 2014/2015: 1º E.S.O.

Respecto á área de Proxecto Interdisciplinar en 1º de ESO, dende o curso 2012-2013 ata o 2014-2015. Esta materia desaparece coa LOMCE.

No curso escolar 2010/2011 formamos parte da rede de centros plurilingües comezando polo 1º curso de Educación Primaria, en 2011/2012 en 2º Educación Primaria,  en 2012/2013 seguimos con 3º de Educación Primaria, en 2013/2014 en 4º Educación Primaria, en 2014/2015 en 5º Educación Primaria e no curso 2015/2016 en 6º Educación Primaria.

Bacharelato Dual

Ofertamos dende o curso 2016/2017 o Bacharelato Dual. O programa de Dual Diploma American High School permite obter o título de “High School” (Bacharelato) realizando estudios simultaneamente en dúas escolas: aquí no colexio San Xoán Bosco, de xeito presencial, e na estadounidense, de xeito virtual, outorgando este  diploma un valor idéntico ó que puidera obter un alumno que tivese unha asistencia á clase presencial nos Estados Unidos.

Información máis detallada.

Condicións xerais.

Forma de inscrición.

Viaxes de inmersión lingüística:

Nos cursos comprendidos entre os anos 2012- 2015 participamos nunha actividade inmersión lingüística cunha viaxe de estudos no Reino Unido, na cidade de Ramsgate, na etapa de EP nos cursos de 5º (somentes no primeiro ano), 6º EP e 1º ESO, con aloxamento en residencia.

Nos cursos escolares 2013 / 2014, 2014 / 2015 os alumnos de 3º e 4º ESO fixeron unha viaxe de estudos ao Reino Unido, con aloxamento en familias, a York no primeiro ano e a Brighton no segundo ano. Neste curso 2015-2016 os alumnos de de 3º e 4º E.S.O foron en setembro á cidade de Eastbourne.

Auxiliar de conversación:

Dende o curso escolar 2010-2011 contamos cun auxiliar de conversa unha hora semanal con cada grupo, nas etapas de:

  •  Educación Primaria.
  •  Educación Secundaria.
  •  Bacharelato.