¿Por qué estudar en Salesianos?

Salesianos é máis que unha escola, supón unha opción educativo-pastoral integral e a tempo completo, inspirado  no estilo educativo humano-cristiá do “Pai e Mestre da Xuventude”, como nomeou San Juan Pablo II a Don Bosco, que pon ó alumno no centro.

Temos o selo de calidade segundo a Norma ISO 9001-2008 que nos compromete en realizar o proceso educativo con rigor.

Educamos en valores e apostamos pola calidade educativa nun ambiente no que tratamos que pais e alumnos se sintan como na casa e vexan cumpridas as súas expectativas.

Como centro plurilingüe introducimos progresivamente materias impartidas en inglés e potenciamos a conversación nesta lingua co auxiliar nativo nas aulas.

Desenrolamos o Programa Avanzado de Idiomas Salesiano (PAIS) e somos centro examinador oficial de Cambridge e centro autorizado de Trinity. Realizamos programas de inmersión lingüística en Primaria, ESO e Bacharelato.

Estamos comprometidos coas novas tecnoloxías, presentes en todas e cada unha das nosas aulas.

Salesianos é un centro católico de portas abertas a todo o mundo, prestando un servizo social importante e realizando actividades de prevención cos nenos e mozos, pensando tamén en axudar aos pais a compatibilizar a vida familiar e laboral.

Traballamos en rede cos outros ambientes e servizos da obra Salesiana na Coruña e da zona.

Infantil en Salesianos

O equipo de profesores de Infantil é pioneiro no traballo por proxectos. O seu estilo de aprendizaxe é constructivista, sen libros de texto, partindo do centro de interese dos nenos para lograr os obxectivos da etapa.

As instalacións de Infantil son modernas, luminosas, adaptadas ás necesidades dos máis pequenos. Contamos con aulas con pizarra dixital, sala de arte, sala de sono, sala de psicomotricidade e un gran patio cuberto con vistas ao mar na que xogar e realizar actividades cos nosos pais e nais nos “recunchos abertos”.

Dende o curso 2014-2015 iniciouse un proxecto de clústers no marco do programa Talento 3.0. Non hai como comezar pronto para ter éxito!

Primaria en Salesianos

Ademais de aprender moito na aula, estudar en Salesianos ofrece a posibilidade de visitar a “Granxa-escola Serantellos” en Cambados,  a “Granxa-escola” de Belelle, a “Casa do Queixo” ou o Museo de Belas Artes. Ademais un día imos a piscina, facemos unha excursión á neve e acudimos a obras de teatro en inglés, concertos, talleres,…

ESO e Bacharelato en Salesianos “San Xoán Bosco”, a mellor opción

En Salesianos ofrecémosche unha ampla oferta de modalidades para que estudes o que che gusta. Para nós ti es o máis importante!

En Salesianos ofrecémosche un espazo de formación onde podes encontralo todo:

  • Aulas, laboratorios e talleres moi completos onde aprender manipulando.
  • Aulas TIC con pizarras dixitais e máis de cen ordenadores.
  • Un pavillón deportivo, ximnasio e patio amplo e moderno onde practicar deporte.
  • Unha biblioteca de referencia na cidade onde poder estudar e buscar información.
  • Un equipo humano de educadores: profesores, persoal de administración e servizos que che axudarán a cumprir os teus obxectivos.
  • Un horario amplo, xa que somos un centro “ a templo pleno” e tratamos de estar dispoñibles cando o precisas.

En Salesianos non só aprenderás sobre as materias da opción que elixas, senón que tamén poderás:

  • Visitar empresas como Inditex, A Voz de Galicia ou a Refinería-Repsol.
  • Participar en programas educativos: “Prensa na Escola”, “Back to School”.
  • Participar nos campionatos deportivos internos.
  • Asistir a concertos didácticos e ensaios da Orquesta Sinfónica de Galicia.
  • Visitar o Parlamento de Galicia, a Catedral de Santiago, o Castro de Elviña.
  • Visitar o Museo Arqueolóxico, o Mercado, a Lonxa.
  • Asistir a charlas formativas: Policía Local, Cruz Vermella, ADAFAD, Quérote+.
  • Participar nas convivencias xuvenís e excursións.
  • Practicar inglés coa axuda dun nativo na aula, xa que somos un centro plurilingüe.

En Salesianos estamos convencidos de que si decides formarte con nós non te arrepentirás!

Son case 100 os anos de dedicación á ensinanza-aprendizaxe na Coruña e unha media de 800 alumnos os que enchen as nosas aulas.

Queres ser ti un deles?