Comedor

O servizo de comedor escolar préstase especialmente coa finalidade de compatibilizar a vida laboral e familiar.

Os alumnos poden facer uso do servizo de comedor cando o precisen:

  • Para todo o curso ou por meses (deben pasar por administración para anotarse).
  • Para días puntuais (deben pedir o ticket correspondente cada día e pagalo en portería, antes das 10:00 h.).

Funciona de setembro a xuño, servido polo catering SERUNION. Mensualmente elabórase un menú equilibrado e detallado para que os pais e nais estean informados das comidas que se lles dan aos seus fillos. Inclúen suxestións para complementar outras comidas do día realizadas en casa.

Durante o tempo posterior ao comedor, os alumnos que non teñan actividades extraescolares, permanecerán na gardería (Infantil). Os alumnos de Primaria poden permanecer no patio, na biblioteca ou no lugar que se indique para algunha actividade, sempre atendidos por persoal educativo.

Os alumnos de Infantil e Primaria deberán ter no colexio cepillo e pasta de dentes, para cepillarse os dentes despois de comer. Estes utensilios gardaranse en armarios específicos.

O responsable do comedor para calquera comunicación é o administrador do colexio.

Consulta o protocolo de funcionamento.

Menús para o curso 2016/2017.

Menú Mes Noviembre

Menu Mes Octubre

Menú Mes Septiembre