Beiramar

 

A nosa revista, a revista do cole.

comezou a súa andaina en xaneiro de 1988 co motivo da celebración do centenario do falecemento de Don Bosco. Son xa moitos os números publicados de maneira ininterrompida ata a data e é motivo de orgullo para toda a Comunidade Educativa. Co paso do tempo BEIRAMAR gañou en experiencia pero segue fiel ó seu formato, seccións, actualidade do Colexio e protagonismo do alumnado na súa realización. BEIRAMAR segue empeñada en espertar o interese periodístico e artístico entre moitos dos nosos alumnos así como fomentar a lectura e abrir as portas do Colexio a alumnos, familias, profesores e persoal do Colexio.

Aquí vos deixamos os últimos números publicados: