Actividades Extraescolares

As actividades extraescolares son aquelas actividades que se desenvolven fóra da Xornada Escolar e nas que só participa o alumnado que o desexa. A nosa intención é que a oferta destas actividades contribúa a facer realidade o obxectivo principal da escola salesiana: a atención e o desenvolvemento de todas as dimensións da persoa, por iso ata pretendemos que sexan actividades integradoras para favorecer o crecemento e a maduración de cada alumno e alumna e que estimulen a vivencia da diversidade e da reciprocidade entre os sexos. 

Información xeral das actividades extraescolares:

¿CALES SON?: A descrición detallada da oferta de actividades pode atoparse no FOLLETO das extraescolares 2015-16.

DURACIÓN: Comezan o 1 de outubro de 2015, xoves e terminan o 31 de maio de 2016, martes.

ALTAS/BAIXAS: Poderán darse de baixa nunha actividade e comezar outra, logo de transcorridas polo menos dúas semanas de actividade. O último día para darse de baixa nalgunha actividade sen prexuízo de perder a cota é o 1 de Novembro. A baixa deberá facerse por escrito, cubrindo o correspondente impreso de baixa que se solicitará en Abeiro ou na xunta de ANPA.

CRITERIOS DE ADMISIÓN: Nas actividades con límite de praza, as prazas cubriranse seguindo os criterios de:

  • Prioridade do alumnado que xa estaba participando o curso anterior.
  • Por orde de inscrición en setembro do alumnado novo na actividade.