XA SOMOS DA ALIANZA VERDE DE DON BOSCO!!

Estamos de celebración!

Lembrades o proxecto EcoBosCoru que levamos a cabo con moito éxito o curso pasado entre todas e todos? Pois resulta que como o fixemos tan ben, ademais de felicitarnos dende o Concello da Coruña, a Don Bosco Green Alliance acaba de ficharnos para formar parte do proxecto ecolóxico internacional dos Coles Salesianos!!

Deste xeito, o noso proxecto EcoBosCoru cambia de nome, e vaise chamar BoscoGreen.

Este curso  propoñémonos tres grandes obxectivos:

  • Transformar o Proxecto EcoBosCoru na política ambiental do Cole, que vai estar centrada na consecución dun sistema de separación de residuos e de reciclaxe.
  • Recolectar dúas veces ao ano residuos plásticos no barrio ou nunha zona próxima ao Cole.
  • Crear unha horta na que van aprender e divertirse os alumnos e alumnas de infantil.

 

E todo isto de BoscoGreen, por qué?

Porque queremos contribuir a mellorar e a coidar o medio ambiente, así como a fomentar un desenvolvemento sustentable.

Somos conscientes da importancia de previr a contaminación, de utilizar os recursos de forma sustentable, de mitigar o cambio climático así como de protexer os ecosistemas e a biodiversidade.

Como alumnado e profesorado do deste Cole Salesiano, comprometémonos a minimizar no posible todo impacto ambiental así como os residuos xerados, e apostamos pola reutilización e a reciclaxe dos materiais.

 

Para alcanzar estes compromisos adoitamos as seguintes medidas ambientais:

  • Facilitar a reciclaxe a través da colocación de tres tipos de papeleiras que permitan a separación de: papel e cartón, plásticos e envases e residuos orgánicos. Nas clases estarán os de papel e plásticos e envases e no patio teremos os de plásticos e residuos orgánicos. Precisamos da axuda de todos os que compartimos o recinto para facer ben esta tarefa!
  • Reducir, na medida do posible, o uso de plásticos dun só uso no Colexio. Como por exemplo deixar de traer botellas de auga de plástico e traer unha cantimplora ou botella reutilizable.
  • Empregar os bos días como ferramenta de difusión e motivación para tratar a temática ambiental nos Bos Días, poñendo en valor actitudes de respecto e coidado do medio ambiente.
  • Evitar imprimir todos aqueles documentos que non sexan estritamente necesarios.
  • Ambientar as aulas e corredores con cartelería ecoloxista e de consumo responsable dos recursos.
  • Fomentar actividades ecolóxicas, como a recollida de residuos plásticos en zonas verdes ou praias da cidade.
  • Reducir o impacto ambiental do Colexio derivado do uso de electricidade, calefacción e auga.

 

A través da páxina web e das redes sociais irémosvos informando de todas as accións que levaremos a cabo. Esperamos contar coa vosa colaboración!!!