Os nosos alumnos, gañadores de catro dos seis premios do concurso de monólogos do Concello de A Coruña.

O mércores 13 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro, realizouse a Gala do VII Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2019, organizado pola Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.

O certame contou con un total 52 alumnos/as, que proviñan de 7 centros educativos da cidade, e que representaron 26 monólogos: 17 na categoría A (1.º e 2.º de ESO), 2 na B (3.º e 4.º de ESO) e 7 na C (bacharelato e FP).

As actuacións foron avaliadas por un xurado formado por profesionales de diferentes eidos: Luís Pousada, humorista e monologuista; Adelaida Pittaluga, docente teatral e actriz; Xulia Rigueiro García, técnica de Normalización lingüística do Concello da Coruña e Ana Judel Prieto, técnica de Educación do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, que actuou como secretaria do xurado. O xurado tivo en conta a hora de otorgar os premios tanto a corrección linguística dos seus traballos como a posta en escena e a orixinalidade dos mesmos.

No noso centro presentáronse ao certame alumnos dos diferentes cursos de ESO e Bacharelato, que acadaron catro dos seis premios otorgados polo xurado para as diferentes categorías:

  • Na categoría A (1º e 2º de ESO) o 2º premio foi para Mauro Reza, Gabriel Nazzo e Ignacio Varela de 1ºESO.
  • Na categoría B (3º e 4º de ESO) o gañador foi Diego Segret de 3ºB da ESO.
  • E na categoría C (bacharelato e FP) os dous premios quedaron na casa: o 2º premio foi para Noelia Vázquez e o posto gañador foi para María Ruiz, ámbalas dúas de 2º de bacharelato.

Aquí tedes a ligazón para ver as fotos oficiais do certame.

PARABÉNS!

ESO/BTO