10ª edición do Concurso Coca-Cola "Novos Talentos de Relato Curto"

O venres 9 de marzo, ás 17:00h, os alumnos de 2º de ESO, Nicolás, Álvaro, Claudia e Anxo, participaron representando o noso colexio na 10ª edición do Concurso Coca-Cola "Novos Talentos de Relato Curto".  O concurso contou con máis de 300 participantes en toda Galicia, que realizaron simultaneamente a proba de redacción en tres sedes: A Coruña, Santiago e Ourense. No noso caso, a multinacional citou aos representantes de Salesianos na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, onde contamos coa xentil acollida dos membros da organización e da decana de Filoloxía, María Jesús Modia, quen invitou aos rapaces a seguir sendo “artistas da palabra”. Á mesa dos poñentes foi convidada a nosa alumna de 3º da ESO Raquel Canabal, gañadora da última edición,  que compartiu cos asistentes a súa experiencia  do ano pasado. O estímulo para á redacción proporcionado nesta ocasión foi unha pequena lousa coa frase “Profe: pasaporte ao futuro”. Os participantes tiñan que incluír nos seus relatos esta frase e a palabra 'encerado'.  O próximo venres será a quenda dos nosos representantes na versión castelá do concurso. 

Boa sorte, rapaces, e gracias por representarnos!

ESO/BTO