Convivencias 1º ESO

Os alumnos de 1º da ESO tiveron os días 10 e 11 de outubro, por separado, as súas primeiras convivencias en Iñás. Foi un día diferente e fantástico no cal os rapaces de ambos grupos gozaron xuntos, e o máis importante, conviviron e compartiron. Acompañados dos seus profesores e monitores realizaron distintas dinámicas en pequeno e gran grupo. O baile, a música, o xogo, o bo ambiente, o xantar compartido, fixo que a convivencia deste día saíse perfecta.

A preparación para estas convivencias comezou nas aulas de Infantil, onde os dous cursos foron o venres pasado a buscar recordos. Compartimos un rato dos Bos Días cos máis pequenos do colexio, viron as súas antigas aulas e tiveron a sorte de visualizar un vídeo coas fotos de cando eles eran pequenos. Un recordo especial e unha gran sorpresa que as súas profesoras de Infantil tiñan preparado.

O mellor de todo isto é que aprenderon actitudes sobre os seus compañeiros que descoñecían, pensaron e reflexionaron sobre eles mesmos, na súa familia, nos seus amigos, agradecendo e valorando individualmente ás persoas que os rodean e ás cousas que posúen.

De seguro que cada un deles garda un bo recordo das súas primeiras convivencias. Así mesmo este venres seguiremos traballando na titoría sobre as súas primeiras convivencias.

Esperamos que as fotos, que podedes ver nesta ligazón, e vídeos sexan do voso agrado!!!

 

 

 

ESO/BTO