Inauguración 17-18 E.Infantil

O pasado venres día 29 de setembro celebramos, oficialmente, a inauguración deste novo curso, baixo o lema “O sabor da felicidade”.  Con esta mensaxe tan saborosa decidimos elaborar, entre todos, una deliciosa sopa, partindo do conto: A mellor sopa do mundo , cada clase aportou un dos ingredientes para a súa elaboración, cada ingrediente relacionouse con todo aquelo que pretendemos que sexa este curso; as amoras simbolizaron o amor, as cebolas os bicos, as apertas; as cenorias os bicos, o mel a dozura e os pementos a diversidade.

Ao longo deste curso, queremos cociñar  con estes ingredientes, co cariño, os bicos, as apertas, as palabras doces… queredes axudarnos?

Dámosvos a benvida a este novo curso.

Tendes máis fotos na galería. Moitos bicos

 

Infantil