Premio ás promesas do cine galego

O día 9 de xuño, venres, tivo lugar na sala Eissenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, outra nova edición dos PREMIOS REC-CURTA no que lles foron outorgadas as distincións de mellor actriz a Alba Castro,   mellor actor a Diego Peña e o accésit á curta máis xenuína á terceira curtametraxe presentada, todas elas elaboradas polos alumnos de 1º de Bacharelato deste centro.

O acto contou coa presenza do Secretario Xeral de cultura, D. Valentín García, quen lles dedicou unhas palabras enchidas de agradecementos ao labor dos participantes aos quen lles recoñeu que, ademais de fomentar o uso das tics e da nosa lingua a través do cine dixo que é ” outra maneira de contar as historias e transmitir as ideas paralela á literatura” e que lles permite aos nosos alumnos expresar a súa creatividade e ” descubrir o valor do galego para comunicar o seu propio universo en calquera espazo ou soporte”. A importancia das emocións a través da cinematografía, o traballo actoral, a música, o vestiario, o atrezzo, o guión , a lingua etc , alegou que é o que lle confire calidade ás curtas presentadas ao concurso .

Parabéns a todos polo traballo ben feito!!!

 

ESO/BTO