Medalla de Ouro da Cidade para Salesianos A Coruña

Na tarde de onte, o Concello da Coruña da man do alcalde Xulio Ferreiro, entregoulle a medalla ao mérito na categoría Ouro aos Salesianos de Coruña "en razón da súa traxectoria en educación e formación da infancia e a mocidade coruñesa".

Durante o acto lembrouse como dende 1916 os tres primeiros salesianos, con D. Marcelino Olaechea á cabeza,  chegaron á Coruña para facerse cargo das Escolas Gratuítas Populares, chamadas “ESCOLAS DO CALDO”, ata os nosos días.

Recolleron o galardón Juan Carlos Pérez Godoy, Superior Provincial da Inspectoría Santiago o Maior,  Mauricio Paniagua, director do colexio, Rafael Castro Guerra, director de Salesianos Coruña, así como distintos alumnos como Raquel Canabal e Samuel Castiñeiras en representación dos alumnos de ESO e Bacharelato.

Tal e como conta Rafael Castro, “Convértese nunha das máis importantes expresións de fervor e agarimo cara á nosa Obra, no marco da celebración gozosa do seu ano Centenario”.

A concesión desta medalla supón realmente o recoñecemento agradecido da Corporación Municipal pola  enorme e impagable  riqueza que o carisma salesiano e o sistema educativo-pastoral que nel inspírase achegaron, tanto á Igrexa local como ao conxunto da sociedade civil coruñesa.

A Comunidade Educativo-Pastoral e Familia Salesiana recibiu a noticia “con enorme gozo e satisfacción como un forte estímulo de fronte ao futuro, para responder aos novos retos da misión que a Igrexa, a Congregación e a sociedade coruñesa exponnos nestes novos tempos”.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/02/02/ayuntamiento-concede-medalla-oro-salesianos/1148727.html

http://salesianos.es/Articulos/7594/1/1/Medalla-de-Oro-de-la-Ciudad-para-Salesianos-A-Coruna