Premios Provincial e Autonómico no Relato Curto Coca Cola

Na tarde de onte, a nosa alumna Raquel Canabal de 2º da ESO achegábase á Illa de San Simón para recoller un dos premios provinciais de A Coruña. Despois dunha visita pola illa coa súa familia e a súa profesora de galego, Reyes, chegou o momento da entrega de galardóns. Raquel, asombrada e con  moita ledicia recolleu o 1º premio Provincial. O seu rostro manifestaba un cúmulo de emocións e sensacións, estaba abraiada polo recoñecemento do seu talento neste certame. Ela xa estaba plenamente feliz por este mérito recoñecido e co seu agasallo, un Ipad, un libro de Carlos Casares e diversos obxectos de Coca Cola. 

Despois de tanta felicidade, quedaba por chegar o mellor da tarde. Acercouse o momento de saber quen era o gañador Autonómico e nese momento din o nome de Raquel e todos saltamos de alegría. Raquel é a gañadora desta 9ª edición do Concurso de Coca Cola Novos Talentos en Relato Curto a nivel Autonómico. O premio final terá lugar a finais de xuño e agárdalle unha semana intensa de aventuras en Madrid, que comezará o día 23 coa Gala Nacional, e viaxará tamén Andalucía xunto cos outros gañadores das outras Comunidades Autónomas. 

http://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/alumna-colegio-salesianos-gana-concurso-relatos-coca-cola/20170519230756334240.html

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/un-relato-raquel-canabal-gana-concurso-coca-cola/idEdicion-2017-05-20/idNoticia-1056216/

http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/05/20/raquel-canabal-ganadora-gallega-premio/1682638.html

ESO/BTO