Obra teatro: A cabeza do dragón

Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistiron hoxe ao Teatro Colón para ver a representación da obra "A Cabeza do Dragón” do autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán. A versión galega e a dirección son responsabilidade de Quico Cadaval que conta cun alargado elenco de oito actores e actrices encabezado por Iván Marcos, Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, María Costas, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e Quico Cadaval que tamén estará presente en escea.

A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino.

ESO/BTO