Concurso Relato Curto Coca Cola

O pasado venres 10 de marzo, catro rapazas de segundo da ESO, Raquel Canabal, Candela Franqueira, Sara Oreiro e Sara Ruiz, alumnas de 2º da ESO, acudimos á facultade de filoloxía para participar no Concurso de relato curto en galego Coca Cola. Alí esperábannos na Aula Magna cun bolígrafo, papeis en branco e unha cámara coma estímulo creativo para cada un dos case cen nenos que nos atopabamos na sala, chegando a catrocentos en toda Galicia. En total, tivemos dúas horas para escribir o noso relato, que tiña que incluír unha cámara coma elemento principal, ou ben a frase: "Non vemos o que vemos, vemos o que somos". Ao rematar non faltou a Coca Cola, nin un pequeno bocadillo para acompañar. Sen dúbida, foi unha fantástica experiencia que non esqueceremos e que esperamos que moitos máis alumnos poidan gozar. Mentres tanto, queda esperar os resultados, que se darán o 10 de maio. A ver se temos sorte!    

 

                                                                                                                                                                                    Raquel e Sara

ESO/BTO