Usuario - - Acceso de Usuarios
Domingo - 20.Mayo.2012


Sistema de Gestión de Calidad

recomendar  contenido a un amigo
SISTEMA DE XESTIÓN DE CALIDADE



No COLEXIO SALESIANO "San Juan Bosco"  traballamos baixo un Sistema de Xestión de Calidade baseado na Norma ISO 900:2008 e certificado por APPLUS.

Historia

A nosa andadura comenzou no curso 2003-2004, e dende entón fomos unificando criterios e pautas de actuación cos demáis Centros Salesianos  da Inspectoría "Santiago el Mayor" con sede en León. No momento actual estamos nun proceso  tendente a acadar unha coordinación entre  todos os Centros de Salesianos e Salesianas de España.

Meta

A nosa meta é impulsar, a través de plans de mellora anuais, o noso Proxecto Educativo-Pastoral. Para iso, cada curso, sometémonos a un sistema de avaliación continua, que ten como referencia os resultados de todos os procesos que afectan e complementan o proceso de Ensinanza-Aprendizaxe, máis os resultados das enquisas de satisfacción das familias, alumnado, profesorado e Persoal de Administración e Servizos.

Control

Ademáis, todos os anos sometémonos a dous auditorias, unha interna realizada por "Calyma Calidad" e outra externa realizada por APPLUS que é un organismo acreditado por ENAC.  Nas auditorías, compróbase que estamos ó día no cumprimento da normativa educativa, de seguridade e de todos aqueles requisitos regulamentarios que dalgún modo nos afectan. Deste xeito comprobamos que cada curso avanzamos e propoñémonos obxectivos de mellora enfocados a optimizar a nosa tarefa educativa na que o protagonista el o ALUMNO-A.

O equipo ESCI

O ESCI (Equipo de Seguimento de Calidade Inspectorial) está integrado polo coordinador inspectorial de escolas e los distintos Coordinadores  de calidade nos distintos Centros e asesorado por Calyma. É un órgano motor e coordinador da Calidade en tódolos centros da Inspectoría.Reúnese catro veces ó longo do curso.

O Grupo de Calidade

Por outra banda existe o Grupo de Calidade do Colexio (GCC) que funciona en cada centro desenvolvendo e avaliando o Sistema de Xestión de Calidade no Centro. Este grupo no noso colexio está integrado pola Coordinadora local, a orientadora, máis un representante de cada etapa educativa

  • Coordinadora:   Lucía González
  • Orientadora:     Pilar Sanjurjo
  • E.Infantil:        Clara Vecino
  • E. Primaria:      Belén Losada
  • ESO-Bach.:      Mª Elvira amado

Este grupo reúnese unha vez ao mes. A Coordinadora leva as reflexións e aportacións oportunas ó Equipo Directivo do Centro que reúnese tódalas semanas,  e ó ESCI

A nosa POLITICA DE CALIDADE recóllese no arquivo que leva o mesmo nome


ir arriba

 
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
15
16
20
21
23
25
26
27
28
29
30
31

v01.97:0.05
GestionMax
novedades   contacto   política privacidad   aviso legal   buscador   mapa web   
Salesianos Coruña -R1500098G- Plz. María Auxiliadora - 15003 A Coruña - Tlf. 981 203 550. E-mail: donboscoc@planalfa.es. E-mail Adminstración: adminsjboscoc@mundo-r.com.