Usuario - - Acceso de Usuarios
Domingo - 05.Septiembre.2010


Programación anual

II. OBXECTIVOS PARA O CURSO 2009-2010

                

1. OBXECTIVO XERAL

Na celebración dos 150 anos da fundación da Congregación Salesiana seguimos camiñando xuntos, como Comunidade Educativa, segundo o estilo educativo de D.Bosco que nos pide:

·      Intensificar a presenza educativa entre os alumnos e a relación coas familias;

·      Evanxelizar desde a nosa actividade educativo-docente;

·      Acentuar a atención personalizada ós alumnos e alumnas con especial dedicación ós máis necesitados;

·     Coidar con particular esmero a nosa formación permanente e actualización didáctica

 

 

Pretendemos levar a cabo este obxectivo desde tres ámbitos:

 

 

*     Ámbito educativo-pastoral

*     Ámbito de formación

*     Ámbito da familia

 

2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

2.1 Ámbito educativo-pastoral

Obxectivo

Apostamos por “unha escola en pastoral” tomando conciencia de que en tódalas nosas intervencións educativas, na clase e fóra dela, estamos invitados a evanxelizar.

Liñas de acción:

1.          Potenciamos a comunicación e o diálogo cos alumnos nos distintos momentos e lugares ó longo da xornada escolar e máis aló da mesma.

2.          Contrastamos de forma periódica persoalmente e en distintos equipos as nosas actuacións como educadores co perfil que se propón na PEES para un profesor-a.

3.          Nas distintas programacións e intervencións educativas temos presentes os criterios, estilo educativo e valores propios da PEES e as competencias básicas a acadar, convencidos de que “educando evanxelizamos”.

4.          Revisamos a nosa metodoloxía, medios didácticos empregados e forma de impartir as clases, facéndoas máis activas e participativas, e continuamos integrando nelas o uso das TICs.

5.          Autoavaliamos  o proceso de ensinanza e as distintas intervencións educativas ao remate de cada trimestre e tomamos as medidas que proceda. 

6.          Potenciamos a atención á diversidade, nas súas distintas manifestacións, dentro e fóra da aula, en colaboración co Departamento de Orientación.

7.          Melloramos os servizos de comedor e limpeza tendo en conta as suxestións dos usuarios e das persoas máis directamente vinculadas cos mesmos.

8.          Asumimos o Sistema de Xestión de Calidade, de modo especial naqueles aspectos que máis nos afecten, e colaboramos activamente no mesmo co rexistro de incidencias particularmente as relacionadas co proceso de ensinanza-aprendizaxe.

9.          Coidamos a educación en valores, os bos modais, o respecto e a convivencia, intervindo persoalmente cando as circunstancias o requiran ou remitindo a quen proceda.

10.     Facemos ofertas pastorais abundantes (bos días, convivencias, celebracións, campañas...), con calidade e adaptadas aos destinatarios das mesmas, asumíndoas corresponsablemente e facilitando a participación dos alumnos, profesores, familias, etc.

11.     Esforzámonos para que toda a nosa acción educativa sexa pastoral intentando poñer en marcha o itinerario celebrativo do centro, así como seguir apostando polo itinerario de educación na fe .

2.2 Ámbito da formación

Obxectivo

 

 

Establecemos e desenvolvemos ó longo do curso un “plan de formación” que teña en conta os trazos máis significativos, referidos ó profesorado, recollidos na PEES e implicámonos, persoalmente e como grupo,  na execución do mesmo

 

 

Liñas de acción:

 

1.          Elaboramos un Plan de formación para o curso no que se contemplen contidos diversificados ó longo de cada mes, alternando reunións de todo o claustro con outras de claustros de nivel, equipos ou departamentos.

2.          Aproveitamos algúns acontecementos e conmemoracións que poidan xurdir ó longo do curso, tanto na escola como fóra dela, para facer deles motivos de formación e reflexión. 

3.          Dedicamos de forma habitual un día á semana para a formación permanente coidando a puntualidade, evitando outros compromisos, participando activamente e facendo as aportacións oportunas para que sexan dinámicas, reflexivas e operativas.

4.          Comprometémonos todos a facer un mínimo de 30 horas de formación persoal ó longo do curso a partir das distintas ofertas formativas que se nos propoñen desde a Inspectoría ou desde outras instancias (convivencias cristiás para educadores, encontro de profesores, xornadas de pastoral de FERE, cursiños do CEFORE, actividades desde a Administración ...) ou outras de iniciativa persoal de acordo coa Dirección

5.          Continuamos coa formación no ámbito das novas tecnoloxías, aproveitando  os recursos dispoñibles no centro e  utilizándoos na nosa práctica docente.

6.          Comprometémonos a facer participes aos demais dos cursos ou accións formativas que persoalmente poidamos realizar.

7.          Avaliamos as distintas accións formativas elaborando unhas pautas que nos permitan sacar conclusións e tomar as medidas correctoras e de mellora.

2.3 Ámbito da familia

 

Obxectivo

Facilitamos e favorecemos a presenza  e participación de pais e nais na vida do centro, actuando de forma coordinada na educación dos fillos e fillas, acollendo e valorando as súas suxestións e atendendo as súas necesidades formativas en colaboración coa ANPA

 

Liñas de acción:

 

1.          Favorecemos o diálogo e a comunicación  cos pais, nais ou titores dos alumnos e alumnas, estando dispoñibles para falar con eles, seguindo, por ambas partes, as canles establecidas.

 

2.          Os titores de cada grupo falarán con tódalas familias  do seu grupo de alumnos como mínimo unha vez ao ano  e, se é posible, cada trimestre.

3.          Facémonos eco  das suxestións e indicacións dos pais e nais, reflexionámolas e dámoslles a resposta que proceda, convenientemente razoada.

4.          Favorecemos ao longo do curso a participación dos pais e nais que o desexen en determinados momentos formativos do profesorado.

5.          Temos en conta as conclusións obtidas a partir das enquisas de satisfacción e dámoslles cumprida resposta

6.          Invitamos a tódolos pais e nais a participar na Escola de Pais, e ofertamos outras formas de encontro, reflexión e formación axeitadas aos seus intereses e posibilidades, en colaboración coa ANPA.

7.          Potenciaremos as posibilidades de Viaeducativa e a web do colexio para favorecer a comunicación coas familias.

8.          Organizamos, xunto coa ANPA, o día da familia procurando darlle un contido celebrativo, festivo e de convivencia.

9.          Convocamos aos pais e nais a principio de curso para presentarlles o plan de acción para o ano e informarlos dos temas que poidan ser de interese para eles.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

contenidos / pág. 0 contenidos 1 pág.

 
L
M
X
J
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

v01.89:0.06
GestionMax
novedades   contacto   política privacidad   aviso legal   buscador   mapa web   
Salesianos Coruña -R1500098G- Plz. María Auxiliadora - 15003 A Coruña - Tlf. 981 203 550. E-mail: donboscoc@planalfa.es. E-mail Adminstración: adminsjboscoc@mundo-r.com.