Usuario - - Acceso de Usuarios
Domingo - 05.Septiembre.2010


Educación Primaria

OFERTA

O Colexio San Juan Bosco.-Salesianos de A Coruña na súa amplia presencia educativa nesta cidade tamén ofrece a primeira etapa da educación obrigatoria: a etapa de Educación Primaria:

* Acolle a rapaces/as de 6 a 12 anos nun ambiente acolledor e de familia, procurando o desenvolvemento integral das súas capacidades, hábitos e destrezas.

* Consta de 12 aulas repartidas en 6 cursos académicos organizados en 3 ciclos de 2 niveis cada un. A división en ciclos proponse adaptar o proceso de ensino aos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe propios dos alumnos/as destas idades.

* É unha etapa concertada


* As súas instalacións son amplias e acolledoras.


* Ofrece un ambiente seguro e agradable coa presencia-asistencia constante dos educadores/as.



A EDUCACIÓN PRIMARIA


Nesta etapa propoñémonos iniciar ou proseguir unha acción educativa sistemática, que esixe unha estreita coordinación e colaboración coa Educación Infantil (3-6 anos) por unha banda e coa Educación Secundaria por outra.

O noso colexio pretende ser un lugar privilexiado para a educación integral da persoa en tódalas súas dimensións e dacordo cunha visión humana e cristiana da vida:

- Onde xunto a formación intelectual acompáñase ao rapaz/a no seu crecemento como persoa.

- Onde as familas e alumnos/as contan cun Servizo de Orientación e Atención á Diversidade.

- Onde un Departamento de Pastoral coordina o desenvolvemento do sentido ético e trascendente mediante o cultivo de actitudes e a adquisición de valores evanxélicos.

- Onde se presta atención ao desenvolvemento da súa dimensión socio-política: comprensión da realidade familiar e social, sensibilidade ante as desigualdades, xustiza, solidariedade, actitudes de servizo, cooperación, traballo en equipo, non violencia, respecto á natureza.

OBXECTIVOS XERAIS:

O Desenvolvemento armónico, integral e individual da personalidade dos nenos/as en tódalas súas dimensións dacordo cunha visión humana e cristiana da vida:

1.- Atendendo ao crecemento das súas capacidades psicomotrices, afectivas e intelectuais nun ambiente de coeducación.

2.- Desenvolvendo a súa dimensión sociopolítica: aprendendo a convivir en grupo, a sensibilizarse ante situacións de desigualdade e inxustiza, a apreciar a diversidade e os valores da interculturalidade.

3.- Cultivando actitudes e desenvolvendo valores nun proceso de apertura a trascendencia mediante o coñecemento e vivencia do Evanxeo de Xesús de Nazaret.

HORARIO:

O horario das clases é:

* Pola mañá: 9,25 h. a 13,00 h. (recreo: 11,35 h. a 12,00 h)

* Pola tarde: 15,30 h. a 17,25 h.

O colexio, para cubrir as necesidades manifestadas por algunhas familias, conta cun servicio de guardería que atende a nenos/as de 1º e 2º EP a partir das 8,00 horas ata o comenzo das clases.

O colexio tamén oferta e conta cun Servicio de Comedor (catering) en dous turnos:

- as 13,15 h para os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria

- as 14,00 h para os de 3º a 6º de Primaria.

Antes, durante e despois das comidas os rapaces/zas están atendidos por persoal salesiano e da empresa de catering.

A asociación de pais/nais oferta un servicio de Actividades Extraescolares a partir das 17,45 h ata as 19,15 horas.

O calendario do curso, xunto coas vacacións e días non lectivos ven establecido pola Xunta de Galicia. O horario escolar do curso é aprobado pola Delegación Provincial de Educación da Xunta de Galicia, a proposta da Dirección do colexio e coa aprobación do Consello Escolar.

EQUIPO HUMANO:

O equipo humano de profesionais co que contamos en Educación Primaria é o seguinte:


Amador LAMA TOMBO, Director Pedagóxico de EI-EP

José Antonio RODRIGUEZ PEREZ, Coordinador de Pastoral de EI-EP
Ana Mª MUÑOZ ARIAS, coordinadora do 1º ciclo EP
Joaquín MARTINEZ RIVERA, coordinador 2º ciclo EP
Mercedes MARTIÑEZ ARMENTAL, coordinadora 3º ciclo EP
Rosario BARRIO VAL
Enrique CARRETERO GARCÍA
Carmen CONDE OGANDO
Emilio COUSILLAS MONTÁNS
 Dolores DOMINGUEZ SANTOS
Francisca GARCÏA ALLEGUE
Jose TILVE BORRAJO
Consuelo GLERA ROIBAL
Belén LOSADA MOSQUERA

María del Rosario MARTíN CATOIRA
Angel SANCHEZ ALLER
Pilar SANJURJO POSE, Coordinadora de Orientación e Atención á Diversidade

María Eugenia SAN LUIS DIAZ Reforzo Educativo
María José GRANDÍO DOPICO Reforzo Educativo
Lucía Pilar GONZALEZ LOPEZ, Audición e Linguaxe

Mercedes SEÑARÍS PRIETO, Pedagoxía Terapéutica

 
contenidos / pág. 12 contenidos 2 pág.
Páginas: ir a primera página ir a página anterior ·1·|2| ir a siguiente página ir a última página

Visita ao Acuario
O pasado venres 11 os nenos e nenas de 1º estivemos de visita no Acuario, e a pesares de que a chuvia non nos deixou visitar as focas, encantounos ver os meros, os cefalopodos, o rodaballo, as me...
Visita ao Acuario

Obradoiro gastronómico
Hai uns meses os nenos e nenas de primeiro ciclo, preocupados pola hixiene a limpeza, encargaronse de coidar este aspecto dun xeito diferente e decidiron facer de coidadosos cociñeiros, resultando o s...
Obradoiro gastronómico

Nacemento 1º ciclo
Aló polo mes de decembro os nenos e nenas de 1º ciclo fixemos un Belén e este foi o resultado...   Nacemento 1º cicloView more ...
Nacemento 1º ciclo

xxx CONCURSO DE PLAYBACKS CALVO SOTELO
Os nenos e nenas de 1º de Primaria participaron o xoves 27 no festival de Playbacks de Calvo Sotelo e como parecía presaxiar a letra do Musical da selva "es nuestro festival y lo m&aa...
xxx CONCURSO DE PLAYBACKS CALVO SOTELO

De Viaxe a Compostela
O pasado xoves 20 de maio os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria estivemos de viaxe en Compostela para ver as gárgolas que Sar e Sarela soñaban no conto que limos para o Premio F...
De Viaxe a Compostela

Primeros Auxilios en Lim
 Pincha Aquí...
Primeros Auxilios en Lim

Nos visitan los alumnos de la clase roja y blanca del Colegio Nuestra Señora de Lourdes
...
Nos visitan los alumnos de la clase roja y blanca del Colegio Nuestra Señora de Lourdes

Preparamos "Macedonia"
 ¿Que vos parece festexar a primavera elaborando unha rica macedonia? O máis importante antes de comezar: ¡Lavar as mans! Despois pelamos e troceamos a froita (Peras, maz&aacu...
Preparamos

Preparando o entroido
Os nenos e nenas de primeiro xa andan a preparar o entroido pois elaboraron unhas bonitas máscaras de leóns, que aínda que pensedes que é doado hai que ter mooooooita ...
Preparando o entroido

Belén
Belén realizado por los alumnos y alumnas de 6º de Educación Primaria...
Belén
Páginas: ir a primera página ir a página anterior ·1·|2| ir a siguiente página ir a última página

 
L
M
X
J
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

v01.89:0.07
GestionMax
novedades   contacto   política privacidad   aviso legal   buscador   mapa web   
Salesianos Coruña -R1500098G- Plz. María Auxiliadora - 15003 A Coruña - Tlf. 981 203 550. E-mail: donboscoc@planalfa.es. E-mail Adminstración: adminsjboscoc@mundo-r.com.