Usuario - - Acceso de Usuarios
Domingo - 20.Mayo.2012


Educación Primaria

A EDUCACIÓN PRIMARIA


Nesta etapa propoñémonos iniciar ou proseguir unha acción educativa sistemática, que esixe unha estreita coordinación e colaboración coa Educación Infantil (3-6 anos) por unha banda e coa Educación Secundaria Obrigatoria pola outra.

O noso colexio pretende ser un lugar privilexiado para a educación integral da persoa en tódalas súas dimensións e dacordo cunha visión humana e cristiá da vida:

  • Onde, xunto a formación intelectual, acompáñase ao rapaz/a no seu crecemento como persoa.
  • Onde as familas e alumnos/as contan cun Servizo de Orientación e Atención á Diversidade.
  • Onde un Departamento de Pastoral coordina o desenvolvemento do sentido ético e trascendente mediante o cultivo de actitudes e a adquisición de valores evanxélicos.
  • Onde se presta atención ao desenvolvemento da súa dimensión socio-política: comprensión da realidade familiar e social, sensibilidade ante as desigualdades, xustiza, solidariedade, actitudes de servizo, cooperación, traballo en equipo, non violencia, respecto á natureza.

ORGANIZACIÓN

O Colexio Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco de A Coruña na súa amplia presencia educativa nesta cidade oferta a educación pre-universitaria completa desde Infantil hasta Bacharelato.

Dentro da EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • Acolle a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos nun ambiente acolledor e de familia, procurando o desenvolvemento integral das súas capacidades, hábitos e destrezas e a adquisición de valores.
  • A etapa consta de 12 aulas repartidas en 6 cursos, organizados en tres ciclos (1º2º, 3º4º e 5º6º). A estructuración en ciclos pretende adaptar o proceso educativo aos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe propios dos alumnos e alumnas destas idades. Como axuda para que esto sexa doado contamos cun equipo de profesores que adican unha parte do seu horario lectivo a traballar en pequenos grupos con aqueles rapaces e rapazas que necesitan atención especial adaptados ós seus ritmos.
  • Contamos cun servizo, coordinado polo Departamento de Orientación, que inclúe unha especialista en Audición e Linguaxe e unha en Pedagoxía Terapéutica.
  • A Educación Primaria é concertada.
  • As instacións específicas desta etapa son amplias, funcionais e colledoras. Dispón dun aula de 70m2  para cada grupo de alumnos, tres aulas apoio e reforzo educativo, un aula de informática, un aula de medios audiovisuais, un aula de música e un aula de Plástica e visual.
  • Ofrece un ambiente seguro e agradable coa presencia-asistencia constante dos educadores.
  • É un Centro Plurilingüe no que de forma progresiva vaise incrementando o plurilingüismo. No curso 2011-2012 conta con: 4 aulas plurilingües (1º e 2º) nas que a área de Plástica se imparte 100% en inglés; 8 aulas bilingües (3º4º5º e 6º) nas que a área de Plástica se imparte en inglés/castelán.
  • O Centro está integrado no Proxecto ABALAR. No presente curso os catro grupos de 5º e 6º dispoñen de ordenador persoal e pizarra dixital na propia aula para o desenvolvemento habitual das clases nas distintas áreas.
  • Por outra banda o Centro está conectado a rede en tódolos seus espazos con dotación de ordenadores en tódalas aulas e pizarra dixital no 50% delas. No próximo curso a dotación abranguerá o 100%


HORARIO DA ETAPA

Setembro e xuño

  • Mañás:  09,00 a 14,00

Outubro a maio

  • Mañás:  09,25 a 13,00   (11,35 a 12,00 recreo)
  • Tardes:  15,30 a 17,25

OUTROS SERVIZOS

O colexio, para cubrir as necesidades manifestadas por algunhas familias, conta cun servizo de acollida que atende a nenos/as de 1ºe 2º de  EP a partir das 8,00 horas ata o comenzo das clases.

O colexio tamén oferta e conta cun Servizo de Comedor (catering) en dous turnos:

  • as 13,10 h para os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria
  • as 14,00 h para os alumnos/as de 3º a 6º de Primaria

Antes, durante e despois das comidas os rapaces/zas están atendidos por persoal salesiano e da empresa de catering.

A asociación de pais/nais oferta un servicio de Actividades Extraescolares a partir das 17,45 h ata as 19,15 horas.

O Centro dispoñe igualmente do servizo de transporte coa empresa Autos Carracedo que ofrece os usuarios distintas posibilidades segundo as necesidades de cada quen.


CALENDARIO ACADÉMICO

O calendario do curso, xunto coas vacacións e días non lectivos ven establecido pola Xunta de Galicia e é explicitado na Programación do curso do Centro.

O horario escolar do curso é aprobado pola Delegación Provincial de Educación da Xunta de Galicia, a proposta da Dirección do colexio e coa aprobación do Consello Escolar.

contenidos / pág. 45 contenidos 5 pág.
Páginas: ir a primera página ir a página anterior |1||2||3|·4·|5| ir a siguiente página ir a última página

Otro Lim de Bomberos
Libro Digital sobre los Bomberos realizado por Andrea L de 5º A de Primaria participante en el proyecto ABALAR ...

ENTROIDO
El viernes 4 por la tarde celebramos una fiesta en Infantil y Primaria: era carnaval. Por eso cada curso se disfrazó haciendo una comparsa y preparó una canción para presentarse. ...
ENTROIDO

EDILIM Bomberos ABALAR
Libro Digital sobre los Bomberos realizado por Paula Ramos Portela de 5º B de Primaria participante en el proyecto ABALAR...

Visita ao Acuario
O pasado venres 11 os nenos e nenas de 1º estivemos de visita no Acuario, e a pesares de que a chuvia non nos deixou visitar as focas, encantounos ver os meros, os cefalopodos, o rodaballo, as me...
Visita ao Acuario

Obradoiro gastronómico
Hai uns meses os nenos e nenas de primeiro ciclo, preocupados pola hixiene a limpeza, encargaronse de coidar este aspecto dun xeito diferente e decidiron facer de coidadosos cociñeiros, resultando o s...

Nacemento 1º ciclo
Aló polo mes de decembro os nenos e nenas de 1º ciclo fixemos un Belén e este foi o resultado...   Nacemento 1º cicloView more ...

xxx CONCURSO DE PLAYBACKS CALVO SOTELO
Os nenos e nenas de 1º de Primaria participaron o xoves 27 no festival de Playbacks de Calvo Sotelo e como parecía presaxiar a letra do Musical da selva "es nuestro festival y lo m&aa...
xxx CONCURSO DE PLAYBACKS CALVO SOTELO

De Viaxe a Compostela
O pasado xoves 20 de maio os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria estivemos de viaxe en Compostela para ver as gárgolas que Sar e Sarela soñaban no conto que limos para o Premio F...
De Viaxe a Compostela

Primeros Auxilios en Lim
 Pincha Aquí...

Nos visitan los alumnos de la clase roja y blanca del Colegio Nuestra Señora de Lourdes
...
Páginas: ir a primera página ir a página anterior |1||2||3|·4·|5| ir a siguiente página ir a última página

 
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
15
16
20
21
23
25
26
27
28
29
30
31

Educación primaria BLOG
v01.97:0.07
GestionMax
novedades   contacto   política privacidad   aviso legal   buscador   mapa web   
Salesianos Coruña -R1500098G- Plz. María Auxiliadora - 15003 A Coruña - Tlf. 981 203 550. E-mail: donboscoc@planalfa.es. E-mail Adminstración: adminsjboscoc@mundo-r.com.