Usuario - - Acceso de Usuarios
Domingo - 05.Febrero.2012


Educación Primaria

A EDUCACIÓN PRIMARIA


Nesta etapa propoñémonos iniciar ou proseguir unha acción educativa sistemática, que esixe unha estreita coordinación e colaboración coa Educación Infantil (3-6 anos) por unha banda e coa Educación Secundaria Obrigatoria pola outra.

O noso colexio pretende ser un lugar privilexiado para a educación integral da persoa en tódalas súas dimensións e dacordo cunha visión humana e cristiá da vida:

  • Onde, xunto a formación intelectual, acompáñase ao rapaz/a no seu crecemento como persoa.
  • Onde as familas e alumnos/as contan cun Servizo de Orientación e Atención á Diversidade.
  • Onde un Departamento de Pastoral coordina o desenvolvemento do sentido ético e trascendente mediante o cultivo de actitudes e a adquisición de valores evanxélicos.
  • Onde se presta atención ao desenvolvemento da súa dimensión socio-política: comprensión da realidade familiar e social, sensibilidade ante as desigualdades, xustiza, solidariedade, actitudes de servizo, cooperación, traballo en equipo, non violencia, respecto á natureza.

ORGANIZACIÓN

O Colexio Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco de A Coruña na súa amplia presencia educativa nesta cidade oferta a educación pre-universitaria completa desde Infantil hasta Bacharelato.

Dentro da EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • Acolle a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos nun ambiente acolledor e de familia, procurando o desenvolvemento integral das súas capacidades, hábitos e destrezas e a adquisición de valores.
  • A etapa consta de 12 aulas repartidas en 6 cursos, organizados en tres ciclos (1º2º, 3º4º e 5º6º). A estructuración en ciclos pretende adaptar o proceso educativo aos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe propios dos alumnos e alumnas destas idades. Como axuda para que esto sexa doado contamos cun equipo de profesores que adican unha parte do seu horario lectivo a traballar en pequenos grupos con aqueles rapaces e rapazas que necesitan atención especial adaptados ós seus ritmos.
  • Contamos cun servizo, coordinado polo Departamento de Orientación, que inclúe unha especialista en Audición e Linguaxe e unha en Pedagoxía Terapéutica.
  • A Educación Primaria é concertada.
  • As instacións específicas desta etapa son amplias, funcionais e colledoras. Dispón dun aula de 70m2  para cada grupo de alumnos, tres aulas apoio e reforzo educativo, un aula de informática, un aula de medios audiovisuais, un aula de música e un aula de Plástica e visual.
  • Ofrece un ambiente seguro e agradable coa presencia-asistencia constante dos educadores.
  • É un Centro Plurilingüe no que de forma progresiva vaise incrementando o plurilingüismo. No curso 2011-2012 conta con: 4 aulas plurilingües (1º e 2º) nas que a área de Plástica se imparte 100% en inglés; 8 aulas bilingües (3º4º5º e 6º) nas que a área de Plástica se imparte en inglés/castelán.
  • O Centro está integrado no Proxecto ABALAR. No presente curso os catro grupos de 5º e 6º dispoñen de ordenador persoal e pizarra dixital na propia aula para o desenvolvemento habitual das clases nas distintas áreas.
  • Por outra banda o Centro está conectado a rede en tódolos seus espazos con dotación de ordenadores en tódalas aulas e pizarra dixital no 50% delas. No próximo curso a dotación abranguerá o 100%


HORARIO DA ETAPA

Setembro e xuño

  • Mañás:  09,00 a 14,00

Outubro a maio

  • Mañás:  09,25 a 13,00   (11,35 a 12,00 recreo)
  • Tardes:  15,30 a 17,25

OUTROS SERVIZOS

O colexio, para cubrir as necesidades manifestadas por algunhas familias, conta cun servizo de acollida que atende a nenos/as de 1ºe 2º de  EP a partir das 8,00 horas ata o comenzo das clases.

O colexio tamén oferta e conta cun Servizo de Comedor (catering) en dous turnos:

  • as 13,10 h para os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria
  • as 14,00 h para os alumnos/as de 3º a 6º de Primaria

Antes, durante e despois das comidas os rapaces/zas están atendidos por persoal salesiano e da empresa de catering.

A asociación de pais/nais oferta un servicio de Actividades Extraescolares a partir das 17,45 h ata as 19,15 horas.

O Centro dispoñe igualmente do servizo de transporte coa empresa Autos Carracedo que ofrece os usuarios distintas posibilidades segundo as necesidades de cada quen.


CALENDARIO ACADÉMICO

O calendario do curso, xunto coas vacacións e días non lectivos ven establecido pola Xunta de Galicia e é explicitado na Programación do curso do Centro.

O horario escolar do curso é aprobado pola Delegación Provincial de Educación da Xunta de Galicia, a proposta da Dirección do colexio e coa aprobación do Consello Escolar.

contenidos / pág. 38 contenidos 4 pág.
Páginas: ir a primera página ir a página anterior |1|·2·|3||4| ir a siguiente página ir a última página

SAÍDA A GRANXA DO QUEIXO
O pasado mes de novembro os nenos e nenas de primeiro aproveitando a festividade de San Martiño fixemos unha saída á Granxa do Queixo onde vimos un montón de animais, ...
SAÍDA A GRANXA DO QUEIXO

CONTACONTOS
Unha vez máis os nenos de 2ºB fixemos unha visita á biblioteca onde Chus nesta ocaisón nos fixo un control sobre Doña Flautina pero resultou moi divertido po...
CONTACONTOS

REPASANDO AS PLANTAS CO LIM
Durante o segundo trimestre os nenos de 2º e 5º de EP tivemos no noso temario as plantas. Así que despois de estudialas os alumnos de 5º elaboraron uns Lims estupendo que compart...
REPASANDO AS PLANTAS CO LIM

SAÍDA A COMPOSTELA
O venres 8 de abril os nenos e nenas de 1º ciclo de EP estivemos de Visita en Compostela axudando aos amigos Bolechas a encontrar ao seu gato Felix, así é que visitamos a Catedral e...
SAÍDA A COMPOSTELA

VERMES DE SEDA
 Desde hai un par de semanas na clase de 2ºA temos uns amiguiños moi pequeniños cos que estamos encantados, son os "vermes de seda" Ademáis de coidalos coma se...
VERMES DE SEDA

RELIXIÓN
Durantes estas útlimas semanas os nenos e nenas de 1º ciclo estamos a aprender moitas cousas de Relixión. Fixemos un rosco para aprender os tempos litúrxicos. Visitamos a i...
RELIXIÓN

PREMIO
O mércores 6 de abril os nenos e nenas de 2ºB visitamos o Palexco coa agradable noticia de acompañar a Antía Pardo na entrega de premios do Colexio Oficial de Farmacéu...
PREMIO

CONTOS PARA SOÑAR
O mércores 23 os nenos e nenas de 2ºB estivemos escoitando contos para soñar que Chus nos contou, e para iso pois escoitamos a frauta, cazamos paxaros, axudamos a un osiño e ...
CONTOS PARA SOÑAR

Visita á Granxa de Cambados
Fai uns días os nenos e nenas de segundo fomos de visita a Granxa escola  Serantellos de Cambados e estas son algunhas das fotos onde se ve o ben que o pasamos cos animais....
Visita á Granxa de Cambados

Visita a Mª José Jove II
Na visita aprendimos como utilizar as cores e comparar a nosa creatividade cos cuadros alí presentes, e seguimos creando arte na nosa clase ao chegar....
Visita a Mª José Jove II
Páginas: ir a primera página ir a página anterior |1|·2·|3||4| ir a siguiente página ir a última página

 
L
M
X
J
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
16
18
19
23
25
26
27
28
29

Educación primaria BLOG
v01.97:0.07
GestionMax
novedades   contacto   política privacidad   aviso legal   buscador   mapa web   
Salesianos Coruña -R1500098G- Plz. María Auxiliadora - 15003 A Coruña - Tlf. 981 203 550. E-mail: donboscoc@planalfa.es. E-mail Adminstración: adminsjboscoc@mundo-r.com.