Usuario - - Acceso de Usuarios
Domingo - 05.Febrero.2012


Educación Infantil

O noso Centro Educativo acolle o 2º ciclo de Educación Infantil. É unha etapa concertada que consta de 6 aulas distribuidas en 3 cursos con  2 liñas de 3, 4 e 5 anos.

HORARIO DA ETAPA

Setembro e xuño

 Mañás ...........................................9,00 -14,00

Outubro-Maio


 Mañás...........................................9:30-12:50
 Tarde.............................................15:30-17:20

 Ponse a disposición de calquera familia o servizo de Acollida dende as 8:00h, con persoal cualificado.

RECURSOS HUMANOS y planificación

Na etapa de Infantil contamos cunha titora-mestra por aula así como unha especialista en ligua estranxeira (inglés). O equipo de Infantil conta cunha Coordinadora que traballa conxuntamente e en coordinación coa Xefa de Estudos de Infantil e Primaria dacordo coa PROPOSTA EDUCATIVA DO CENTRO e co REGULAMENTO RE REXIME INTERNO.

No campo do apoio na aula e fora dela, contamos cunha especialista en Audición e Linguaxe que se adica á revisión dos casos que consideren as titoras urxentes para unha derivación externa. Tamén unha especialista en Pedagoxía Terapeutica está a nosa disposición para os casos de Necesidades Educativas Especiais. Todo isto é coordinado polo Departamento de Orientación do Centro en colaboración coas titoras e as familias

Obxectivos da etapa 

Dentro dos obxectivos recollidos no Decreto de Ensinanza da etapa de Infantil destacamos os seguintes obxectivos agrupados en tres grandes bloques:
 

INDIVIDUALIZACION:

  • Temos en conta as características individuais dos nosos alumnos e alumnas, respectando o ritmo de desenvolvemento propio de cada un.

FOMENTAR A ACTIVIDADE, A INICIATIVA E A CREATIVIDADE.

  • Acadar progresivamente unha autonomía no desenvolvemento de actividades cotiás é un dos obxectivos principais desta etapa.
  • Fomentar a iniciativa e a creatividade; proporcionando a cada alumno e alumna situacións e experiencias creativas e innovadoras.
  • O traballo por proxectos que permítenos traballar mellor este nivel e acadar as distintas competencias desta área.
     

INTERRELACIÓN ESCOLA - FAMILIA.

  • Activa participación dos pais e nais mediante entrevistas personais no Centro e reunións de aula, co fin de que coñezan e reforcen positivamente as aprendizaxes adquiridas polos seus fillos e fillas.
  • As nais e pais interveñen no periodo de adaptación, na entrada progresiva dos nenos e nenas. Son eles quen lles ensinan o colexio.
  • Invitación a participar, dentro das posibilidades de cada un, na vida da escola dentro do horario escolar: na aula, nas distintas actividades e saídas..

METODOLOXÍA

Os proxectos 

Xorden de centros de interese do propio alumnado.

Traballamos o método científico: qué sabemos, qué queremos saber, qué imos facer para dar solución a tódalas nosas preguntas e chegar ó resultado final.

Traballamos tódalas competencias.

Organización de espazos e tempos

As nosas instalacións son, xunto cos recursos humanos, unha das nosas maiores bazas para poder ofertar unha educación de calidade.

Cada aula está distribuida en función das actividades a desenvolver. Contamos con  ordenadores, conectados a rede, dentro das aulas para unha maior inmersión nas TICs e con pizarras dixitais (unha en 3 anos, 1 en 4 anos e unha para cada aula de 5 anos).

Ademáis contamos cun patio cuberto onde os nenos e nenas poden xogar os días que o tempo non permite baixar ao patio exterior.

Dispoñemos tamén dunha sala de Psicomotricidade onde realízanse, a parte das actividades propias da psicomotricidade, actividades complementarias, teatro, títeres... etc.

A distribución do tempo na rutina cotiá, está moi relacionada cos plantexamentos pedagóxicos do centro e as actividades que se fomentan.

Contamos con momentos conxuntos onde todo o alumnado relacionase e comparte  tempos de celebración e xogo:

  • Bos días: Todas as mañás dividímonos en dous grupos para compartir, durante un carto de hora aproximadamente, momentos de celebración (cumpreanos, novos membros na familia...) reflexións, música...
  • Recunchos xerais: Outro carto de hora de xogo organizado onde compartimos espazo cos nosos compañeiros do colexio e coas familias que queiran participar neles.

PERSOAL DA ETAPA


 Carmen CONDE OGANDO, Xefa de Estudos de EI-EP 
 Pablo ALVAREZ SAN MARTÍN, Coordinador de Pastoral de EI-EP
 María VÁZQUEZ MANSILLA, titora e Coordinadora da etapa
 Mª Luz FERNÁNDEZ AMADO, titora
 Mª José FERNÁNDEZ CERVERA, titora
 Elena ÁLVAREZ ÁLVAREZ, titora
 Montserrat RUBIO ARIAS, titora
 Clara VECINO GONZÁLEZ, titora
  
 Lucía Pilar GONZÁLEZ LOPEZ, Audición e Linguaxe
 Mercedes SEÑARÍS PRIETO, Pedagoxía Terapéutica e profesora de inglés

contenidos / pág. 194 contenidos 20 pág.

DÍA DA PAZ Novedad
O pasado luns celebramos o acto colexial da paz. Máis unidos ca nunca, elaboramos unha gran pomba que amosa o noso compromiso por construir un mundo mellor cos nosos nenos e nenas....
DÍA DA PAZ

O MELLOR DA SEMANA É... Novedad
Xa sabemos que levamos un pouco de retraso con iso de subir as fotos dos galardoados da semana pasada, aquí os tedes. Nuns días saberedes os seleccionados nesta semana que lucirá...
O MELLOR DA SEMANA É...

Decorando para la fiesta Novedad
Ayer, durante parte de la mañana y de la tarde, hemos coloreado y escrito en unas huellas de colores para decorar nuestro cole. La razón es obvia... ESTAMOS DE FIESTA!!. El martes celeb...
Decorando para la fiesta

Música de infantil para la velada
Sabemos que estos días estáis escuchando una melodía repetitiva de vuestros peques. Es la canción para participar en la velada de Primaria el día de Juan Bosco (mart...

LISTADO LIBROS 5 ANOS
A partires de mañán teredes exposto o listado de libros para comenzar coa actividade de lectura cos nenos e nenas de 5 anos. Como se vos informou na reunión, cada familia deber&aa...
LISTADO LIBROS 5 ANOS

OS DENTES
Como sabedes estamos aprendendo un montón de cousas sobre os nosos dentes, os seus nomes, a súa utilidade, cántos temos de cada... Buscamos a información nos libros e nas c...
OS DENTES

VISITA Á BIBLIOTECA
O pasado martes visitamos a biblioteca de Monte Alto, alí Alicia e Marta explicáronnos o significado dos pictogramas que atopamos nos libros. Fixémolo a través dun xogo de ...
VISITA Á BIBLIOTECA

E OS GALARDOADOS FORON...
Aquí temos os primeiros galardoados coas chapas de axuda, de recoller e de sonrir desta semana. Noraboa a Hugo, Enma e Valentina. A vindeira semana máis, sorte a todos/as...
E OS GALARDOADOS FORON...

Saborosos sustos
O venres da semana pasada fixemos unha visita ao MACUF. Foi moi interesante, aínda que un pouco inquietante. Recibironnos moi ben e contáronnos unha historia de medos, os que tiñ...
Saborosos sustos

Casita de galleta
¡¡¡¡No sé cómo se me ha podido pasar!!! La última semana del cole y coincidiendo con el cumple de Sergi, sus papis quisieron ofrecernos una suculenta casi...
Casita de galleta

 
L
M
X
J
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
16
18
19
23
25
26
27
28
29

v01.97:0.08
GestionMax
novedades   contacto   política privacidad   aviso legal   buscador   mapa web   
Salesianos Coruña -R1500098G- Plz. María Auxiliadora - 15003 A Coruña - Tlf. 981 203 550. E-mail: donboscoc@planalfa.es. E-mail Adminstración: adminsjboscoc@mundo-r.com.