Usuario - - Acceso de Usuarios
Domingo - 20.Mayo.2012


Educación Infantil

O noso Centro Educativo acolle o 2º ciclo de Educación Infantil. É unha etapa concertada que consta de 6 aulas distribuidas en 3 cursos con  2 liñas de 3, 4 e 5 anos.

HORARIO DA ETAPA

Setembro e xuño

 Mañás ...........................................9,00 -14,00

Outubro-Maio


 Mañás...........................................9:30-12:50
 Tarde.............................................15:30-17:20

 Ponse a disposición de calquera familia o servizo de Acollida dende as 8:00h, con persoal cualificado.

RECURSOS HUMANOS y planificación

Na etapa de Infantil contamos cunha titora-mestra por aula así como unha especialista en ligua estranxeira (inglés). O equipo de Infantil conta cunha Coordinadora que traballa conxuntamente e en coordinación coa Xefa de Estudos de Infantil e Primaria dacordo coa PROPOSTA EDUCATIVA DO CENTRO e co REGULAMENTO RE REXIME INTERNO.

No campo do apoio na aula e fora dela, contamos cunha especialista en Audición e Linguaxe que se adica á revisión dos casos que consideren as titoras urxentes para unha derivación externa. Tamén unha especialista en Pedagoxía Terapeutica está a nosa disposición para os casos de Necesidades Educativas Especiais. Todo isto é coordinado polo Departamento de Orientación do Centro en colaboración coas titoras e as familias

Obxectivos da etapa 

Dentro dos obxectivos recollidos no Decreto de Ensinanza da etapa de Infantil destacamos os seguintes obxectivos agrupados en tres grandes bloques:
 

INDIVIDUALIZACION:

  • Temos en conta as características individuais dos nosos alumnos e alumnas, respectando o ritmo de desenvolvemento propio de cada un.

FOMENTAR A ACTIVIDADE, A INICIATIVA E A CREATIVIDADE.

  • Acadar progresivamente unha autonomía no desenvolvemento de actividades cotiás é un dos obxectivos principais desta etapa.
  • Fomentar a iniciativa e a creatividade; proporcionando a cada alumno e alumna situacións e experiencias creativas e innovadoras.
  • O traballo por proxectos que permítenos traballar mellor este nivel e acadar as distintas competencias desta área.
     

INTERRELACIÓN ESCOLA - FAMILIA.

  • Activa participación dos pais e nais mediante entrevistas personais no Centro e reunións de aula, co fin de que coñezan e reforcen positivamente as aprendizaxes adquiridas polos seus fillos e fillas.
  • As nais e pais interveñen no periodo de adaptación, na entrada progresiva dos nenos e nenas. Son eles quen lles ensinan o colexio.
  • Invitación a participar, dentro das posibilidades de cada un, na vida da escola dentro do horario escolar: na aula, nas distintas actividades e saídas..

METODOLOXÍA

Os proxectos 

Xorden de centros de interese do propio alumnado.

Traballamos o método científico: qué sabemos, qué queremos saber, qué imos facer para dar solución a tódalas nosas preguntas e chegar ó resultado final.

Traballamos tódalas competencias.

Organización de espazos e tempos

As nosas instalacións son, xunto cos recursos humanos, unha das nosas maiores bazas para poder ofertar unha educación de calidade.

Cada aula está distribuida en función das actividades a desenvolver. Contamos con  ordenadores, conectados a rede, dentro das aulas para unha maior inmersión nas TICs e con pizarras dixitais (unha en 3 anos, 1 en 4 anos e unha para cada aula de 5 anos).

Ademáis contamos cun patio cuberto onde os nenos e nenas poden xogar os días que o tempo non permite baixar ao patio exterior.

Dispoñemos tamén dunha sala de Psicomotricidade onde realízanse, a parte das actividades propias da psicomotricidade, actividades complementarias, teatro, títeres... etc.

A distribución do tempo na rutina cotiá, está moi relacionada cos plantexamentos pedagóxicos do centro e as actividades que se fomentan.

Contamos con momentos conxuntos onde todo o alumnado relacionase e comparte  tempos de celebración e xogo:

  • Bos días: Todas as mañás dividímonos en dous grupos para compartir, durante un carto de hora aproximadamente, momentos de celebración (cumpreanos, novos membros na familia...) reflexións, música...
  • Recunchos xerais: Outro carto de hora de xogo organizado onde compartimos espazo cos nosos compañeiros do colexio e coas familias que queiran participar neles.

PERSOAL DA ETAPA


 Carmen CONDE OGANDO, Xefa de Estudos de EI-EP 
 Pablo ALVAREZ SAN MARTÍN, Coordinador de Pastoral de EI-EP
 María VÁZQUEZ MANSILLA, titora e Coordinadora da etapa
 Mª Luz FERNÁNDEZ AMADO, titora
 Mª José FERNÁNDEZ CERVERA, titora
 Elena ÁLVAREZ ÁLVAREZ, titora
 Montserrat RUBIO ARIAS, titora
 Clara VECINO GONZÁLEZ, titora
  
 Lucía Pilar GONZÁLEZ LOPEZ, Audición e Linguaxe
 Mercedes SEÑARÍS PRIETO, Pedagoxía Terapéutica e profesora de inglés

contenidos / pág. 235 contenidos 24 pág.

Rincón plástica
Durante estas dos semanas estamos haciendo un precioso jardín con la ayuda de los papis/ mamis que estáis viniendo al aula... Nos está quedando precioso...
Rincón plástica

Fotos de juguetes
En el rincon de lecto escritura Estamos usando las fotos que nos disteis a principios de curso para escribir sobre ellas. A lo largo de estas semanas continuaremos trabajando sobre las mismas y nuestr...
Fotos de juguetes

VISITA AOS BOMBEIROS 3ºA
Fai uns días vivitamos aos bombeiros no parque da Coruña, pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas da man de José. Grazas José, ata pronto....
VISITA AOS BOMBEIROS 3ºA

PROXECTO TERRA. 3ºA
Como sabedes estamos traballando e aprendendo moitas cousas sobre o noso planeta Terra. Búscamos información, escribímola... Xa vos teremos informados dos nosos avances. Bicos....
PROXECTO TERRA. 3ºA

OS GALARDOADOS SON...
Aquí tedes os galardoados desta semana coas chapas. Moitas felicidades....
OS GALARDOADOS SON...

GRAZAS BEA
Fai uns día tivemos a visita de Bea que nos veu  contar cousas sobre a importancia da auga. Cómo coidala, cómo usala ben, cal é o proceso polo que a aug...
GRAZAS BEA

VISITA DE PAPIS E MAMIS. 3ºA
Onte veunos visitar Rosana, nai de Ana e Enma, para contarnos cousas do DNI e mailo pasaporte. Fixemos un pasaporte  e pensamos xogar moito con él... Grazas Rosana....
VISITA DE PAPIS E MAMIS. 3ºA

VISITA PAPIS 2º B
La semana pasada nos visitó Paloma, la mamá de Noela para contarnos cosas sobre los autobuses. Esta semana nos han visitado Fernando y Johanna los papis de Brais. Nos han contado cosas...
VISITA PAPIS 2º B

VISITA A LA BIBLIOTECA
Hoy hemos estado de visita en la Biblioteca de Monte Alto, así que conocimos al pájaro Ole, nos leyeron unos libros de poesías, nos hablaron de las Meriendas con cuentos, aprendim...
VISITA A LA BIBLIOTECA

ATA PRONTO...
Como xa sabedes moitos de vós, ao longo deste mes de febreiro tivemos uns compañeiros/as aprendendo connosco. Iria, Pablo e Pili axudáronnos a xogar nos recunchos, nas saíd...
ATA PRONTO...

 
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
15
16
20
21
23
25
26
27
28
29
30
31

v01.97:0.07
GestionMax
novedades   contacto   política privacidad   aviso legal   buscador   mapa web   
Salesianos Coruña -R1500098G- Plz. María Auxiliadora - 15003 A Coruña - Tlf. 981 203 550. E-mail: donboscoc@planalfa.es. E-mail Adminstración: adminsjboscoc@mundo-r.com.