|
A nosa escola quere ser unha “escola en pastoral”. Isto significa que toda a nosa acción educativa é pastoral porque quere educar nuns valores que son cristiáns apostando por un modo de educar que cre nas persoas, no seu desenvolvemento integral, segundo o estilo de Xesús de Nazaré. Temos clara a opción por unha escola global, onde educación e evanxelización van da man. Estamos convencidos de que facendo unha educación de calidade estamos siendo fieis á tarefa de evanxelizar a sociedade e que o modo mellor de presentar os valores do Evanxeo é a educación. A nosa acción evanxelizadora e pastoral tradúcese na creación dun ambiente rico en valores e propostas para medrar como persoas. A nosa acción concrétase en acción diversas ao longo do curso encamiñadas a facer máis explícita a nosa proposta: campañas, celebracións cristiáns, xornadas significativas, convivencias, itinerarios celebrativos, oferta de grupos do itinerario de educación na fe… Todas as actividades e propostas están recollidas no Plan de Pastoral que facemos cada curso. Para calquera aclaración podedes poñervos en contacto cos Coordinadores de Pastoral. Este curso son:
|