|
O DEPARTAMENTO DE PASTORAL A nosa escola quere ser unha “escola en pastoral”. Isto significa que toda a nosa acción educativa é pastoral porque quere educar nuns valores que son cristiáns apostando por un modo de educar que cre nas persoas, no seu desenvolvemento integral, segundo o estilo de Xesús de Nazaré. Temos clara a opción por unha escola global, onde educación e evanxelización van da man. Estamos convencidos de que facendo unha educación de calidade estamos siendo fieis á tarefa de evanxelizar a sociedade e que o modo mellor de presentar os valores do Evanxeo é a educación. A nosa acción evanxelizadora e pastoral tradúcese na creación dun ambiente rico en valores e propostas para medrar como persoas. A nosa acción concrétase en accións diversas ao longo do curso encamiñadas a facer máis explícita a nosa proposta: campañas, celebracións cristiáns, xornadas significativas, convivencias, itinerarios celebrativos, oferta de grupos do itinerario de educación na fe… No colexio tenos dous Coordinadores de Pastoral (un para Educación Infantil e Primaria e outro para ESO-Bacharelato) e un equipo formado por varios profesores e profesoras de todas as etapas, que son os responsables de organizar as accións concretas ao longo d curso. Todas as actividades e propostas, así como as persoas resposables, están recollidas no Plan de Pastoral que facemos cada curso.
|